lunes, 16 de octubre de 2017

Os lumes asolan Galicia que vive as peores condicións climatolóxicas

Cando escribo estas letras, estamos a vivir unha noite tráxica en Galicia e mói especialmente nas províncias do sul por mor dunha enorme vaga de incendios. Algúns destes que veñen do veciño Portugal que tamén sofren a intensidade dos lumes.
As  condicións meteorolóxicas son totalmente adversas, sen humidade, calor tropical, e cun vento moi intenso derivado do furacán Ofelia.
E temos que lamentar o falecemento esta tarde de dúas persoas no concello de Nigrán.
O Goberno galego por boca do seu presidente Alberto Núñez Feijóo condena enerxicamente os ataques contra os montes galegos que está sufrindo hoxe a nosa comunidade e reitera que seguirá loitando para rematar con esta lacra, que no día de hoxe acabou con dúas vidas. Ademais, fai un chamamento á colaboración cidadá para atopar aos incendiarios, xa que calquera indicio pode axudar ás investigación policiais.
A Xunta informa que nesta vaga de incendios puxo en marcha todos os medios disponibles para acadar entre todos a máis rápida extinción dos lumes, cunhas condicións meteorolóxicas totalmente adversas, cunha actividade incendiaria homicida e cun vento cada vez máis intenso.
O Goberno galego fai un chamamento para que as persoas que estean sendo afectadas por estos lumes teñan sempre en conta os avisos do persoal que está a cargo dos labores de extinción e agradece o labor de todos os efectivos que están traballando para extinguir todos os lumes.
Agardemos que pase rápido esta noite para que poidan actuar os medios aéreos e que amaine o vento e chequen as primeiras chiovas.