Un ambicioso proxecto de mellora da seguridade viaria da rúa Otero Pedrayo

Celebrar a presentación hoxe en Ourense do proxecto de mellora da seguridade viaria da rúa Otero Pedrayo, cuxas obras se licitarán nas vindeiras semanas para inicialas no primeiro trimestre do próximo ano e rematalos a principios de 2019.

Un acto protagonizado pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e do alcalde, Jesús Vázquez.

Vázquez Mourelle explicou que este proxecto ambicioso, no que o Goberno galego inviste arredor de 2,2 millóns de euros, ten como obxectivo dar resposta ás necesidades dos veciños da zona e dos alumnos do campus, atendendo, na medida do posible, as solicitudes do Concello e do Vicereitorado da Universidade.

Os traballos que se van levar a cabo consistirán na remodelación da Avenida Otero Pedrayo nos 2 primeiros quilómetros de cara a reducir riscos e lograr unha mellor integración urbana. Actuarase nalgunhas das interseccións existentes, coa execución de dúas glorietas: a primeira delas, no acceso ao Campus Norte e á parroquia da Asunción; e a segunda no acceso cara ao barrio da Rabaza, co obxectivo de separar o tráfico que se dirixe cara esta parte da cidade, do que discorre pola vía de servizo que dá acceso aos comercios e garaxes da zona.

Tamén se mellorará a travesía, coa dotación e reparación de beirarrúas e a posta a punto das actuais vías de servizo. Ademais, renovarase a rede de abastecemento, a drenaxe e o saneamento, así como a iluminación, coa instalación de luminarias led, de menor consumo enerxético. Acometeranse actuacións complementarias, como a mellora do firme, a reordenación de aparcadoiros ou a instalación de semáforos con pulsador para favorecer o paso dos peóns.

A conselleira subliñou que esta actuación incidirá nunha maior seguridade viaria; nunha mellor integración da Avenida Otero Pedrayo con todo o contorno; e favorecerá a accesibilidade e os desprazamentos cara o campus universitario e cara outros barrios da cidade.

Ethel Vázquez fixo fincapé en que esta actuación favorecerá o desenvolvemento económico e social de Ourense e contribuirá a ‘facer cidade’, como amosa a previsión de instalación de elementos de auga, símbolo da urbe das Burgas, nas glorietas. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.