martes, 12 de septiembre de 2017

Na nauguración da mostra "Arquitecto Daniel Vázquez Gulías Martínez"

Asisto onte pola tarde na Casa de Galicia en Madrid ao acto de inauguración de mostra "Arquitecto Daniel Vázquez Gulías Martínez", proxectos, debuxos, fotografías e obxectos persoais, organizada en colaboración co Centro Cultural Daniel Vázquez Gulías M., e o Concello do Grove.

Un acto no que interviron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega, os alcaldes de Ourense e do Grove, Jesús Vázquez Abad e José Antonio Cacabelos Rico, e Lucila Vázquez Gulías, avogada, neta do arquitecto Daniel Vázquez Gulías Martínez (1869-1937) e presidenta do centro cultural cuxo obxectivo é a promoción e difusión da obra de Gulías, tanto a nivel arquitectónico como documental, industrial e material.

Ónega, tras as palabras de benvida, sinalou que "é unha honra e un privilexio" para a Casa de Galicia acoller esta exposición e contribuír a difundir en Madrid as obras e proxectos que realizou o recoñecido arquitecto  e dar  a coñecer na capital, as obras e proxectos que realizou o recoñecido arquitecto ourensán, que deixóu unha forte pegada en Ourense, pero tamén en A Coruña e O Grove.

Daniel Vázquez Gulías Martínez (1869-1937), nacido en Beariz (Ourense), estudou a carreira de Arquitectura en Madrid e ampliou os seus estudos en Viena e Berlín, onde se familiarizou coas inquietudes e movementos artísticos da época. Viaxou por países como Siam, Estados Unidos, Cuba, e cidades como París, Berlín e Budapest. Foi arquitecto municipal e diocesano de Ourense e pasou os últimos anos na Coruña como arquitecto do catastro. Faleceu na Coruña e os seus restos atópanse no panteón familiar deseñado por el mesmo, no cemiterio de San Francisco de Ourense.

Rexionalismo, nacionalismo, modernismo (coas múltiples influencias europeas) están presentes na obra de Vázquez Gulías, como en case todos os arquitectos da súa xeración, a do 98. Canteiros, ferreiros, carpinteiros, excepcionais artesáns, colaboraron co arquitecto na enriquecedora fusión entre o culto e o popular que caracteriza a súa obra.

Entre as suas obras salientar na cidade das Burgas, a Casa Junquera e a casa de Fermín García (actualmente Sede e Centro de exposicións de Afundación), o Hotel Miño, a farmacia Saco e Arce, a Casa Novoa, o colexio Santo Anxo ou o edificio da actual delegación de Defensa. E o destacable edificio do Gran Hotel da Toxa, no Concello grovense.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad destacou que  “debemos estar orgullosos de personaxes que, como Vázquez Gulías, fixeron de Ourense o que é hoxe: unha cidade cosmopolita, aberta ao mundo e cun potencial fantástico para as xeracións que virán. Unha cidade mellor, en definitiva".
Pola súa banda, para José Antonio Cacabelos Rico, alcalde do Grove, dixo que "falar do Balneario da Toxa en España, Europa e América é falar dun lugar coñecido e famoso". Explicou que foi unha obra que simbolizou a modernidade e a elegancia do turismo termal a principios do século XIX en España. "Grazas á súa arquitectura ecléctica e a todo o conxunto do complexo balneario, hoxe en día, a nosa illa é un referente incuestionable da elite termal neste país". 

A neta do insigne arquitecto Lucila Vázquez Gulías, salientou que esta mostra persegue o mesmo obxectivo: dar a coñecer a D. Daniel, como arquitecto pero tamén como persoa, á vez que tentar preservar o noso gran patrimonio cultural. Que se coñeza, e que a súa proxección alcance a súa xusta dimensión". Para Lucila, o seu avó era "un home xenial pero sinxelamente humilde, traballador incansable e namorado da súa profesión". Ademais, considera que a súa maior contribución ao mundo da arquitectura e polo que destacou foi por algo que hoxe non se percibe moito nas edificacións, "o humanismo, que debería ser a causa e fin último de toda construción". O seu único soño foi "ser a alma da terra que máis amou, Galicia e especialmente, Ourense".
A exposición, que a compoñen proxectos, debuxos, fotografías e obxectos persoais de Vázquez Gulías, estará na Casa de Galicia en Madrid ata o día 28 deste mes e poderá visitarse todos os días laborables de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta