“En democracia ninguén ten o privilexio de cumprir as leis a conveniencia, nin tampouco existen espazos de impunidade para ninguén”

Esta tarde celebramos sesión do Pleno do Congreso no que se debateu unha proposición non de Lei do grupo Cidadáns, sobre o apoio institucional na defensa do Estado de Dereito en Cataluña, defendida por Albert Rivera, que lamentablemente foi  rexeitada.

E digo lamentable, por canto o que se pedía era algo que normalmente debería apoiar o PSOE, que finalmente e sorprendentemente votou en contra.

E é que o que pedía esta iniciativa era que o Congreso: “ 1. Manifesta o seu apoio ao Goberno de España, ao Tribunal Constitucional, ao Ministerio Fiscal e ao resto de representantes do Poder Xudicial e de Autoridades Públicas, na defensa da legalidade democrática en Cataluña e, en particular, en todas aquelas medidas que sexan necesarias e adoptadas de maneira proporcional para impedir a organización do referendo de secesión de Cataluña, convocado pola Generalitat e declarado inconstitucional pola resolución do Tribunal Constitucional, número 4332/2017, de data 8 de setembro de 2017. 2. Manifesta o seu apoio a todos os funcionarios do Estado, que co seu labor garanten a seguridade, os dereitos e as liberdades dos cidadáns españois e, especialmente, a dos cidadáns de Cataluña. 3. Insta o Goberno de España a que impida a utilización de recursos públicos na realización de todos aqueles actos destinados á promoción, preparación e execución do citado referendo de secesión suspendido pola citada resolución do Tribunal Constitucional. 4. Manifesta o seu apoio e recoñecemento aos cidadáns de Cataluña que, á marxe de ideoloxías, respectan as leis democráticas e o Estado de Dereito, como valor imprescindible para garantir a convivencia.»

Neste debate, o secretario xeral do Grupo Parlamentario Popular, José Antonio Bermúdez de Castro, afirmou que “fronte o dereito á forza está a forza do dereito; que a democracia nace coa liberdade pero vive coa Lei e, por iso, a Lei é sempre un instrumento de liberdade, porque a Lei a todos iguala, a todos ampara e a todos obriga”.

Así, aseverou que “os secesionistas non están a lanzar só un desafío ao Goberno e á unidade nacional, están a botar un órdago á Lei e por tanto á democracia. E, por iso agora, a democracia ten que vencer e a democracia vencerá” ,engadiu.

“O Grupo Popular adhírese sen fisuras ao contido completo da moción presentada polo grupo parlamentario de Cidadáns e tamén quere recoñecer e agradecer a todos os grupos que manifestaron, dunha ou outra maneira, o seu apoio ao Goberno nun momento tan transcendente como complicado”, dixo Bermúdez de Castro.

Durante a súa intervención no Pleno do Congreso, o secretario xeral do GPP asegurou que “trátase de defender a democracia, de responder a un golpe ao estado de Dereito, a unha chantaxe rupturista que vai contra a Lei e a nosa convivencia. Aquí non hai nin vítimas, nin represión, nin estado de excepción” ,aseverou.

“Xa lles advertimos que o Goberno respondería con proporcionalidade pero tamén con firmeza e determinación ante calquera intento de ruptura da unidade territorial ou da legalidade vixente e iso é precisamente o que está a facer”,aseverou.

Tamén, lembrou o dirixente do PP que “quen desafía ao Estado de Dereito non é nunca vítima senón único responsable das consecuencias que se derivan do incumprimento das normas. Non busquen outros culpables, non os hai”.

“En democracia ninguén ten o privilexio de cumprir as leis a conveniencia, nin tampouco existen espazos de impunidade para ninguén”, sentenciou o portavoz do PP.

En referencia á postura da oposición, Bermúdez de Castro cuestionouse en que pensan cando escoitan o anterior “porque esta tarde falaron moito de liberdade, de votar, de decidir, pero pouco de leis. Cando vostedes escoitan que a lei obriga a todos, que pensan, que todos refírese a todos os demais?”.

“Que clase de democracia ampara isto e que clase de convivencia poderíase construír así, se todo o mundo fixese o que lle dese a gana”, remarcou o dirixente popular.

Así, o portavoz do PP afirmou que “as leis pódense cambiar, pero a través do método democrático, da Lei á Lei, pero mentres tanto a Lei imponse sempre. E iso non é nin represión nin Estado de excepción, é regra democrática, sentenciou.

Por iso, reiterou que “o que non é legal nin é lexítimo nin é democrático e non se pode votar á marxe da Lei”.

“Tampouco poden pedir ao Goberno que non cumpra coas súas obrigacións ou que negocie sobre o que non pode negociar”, asegurou Bermúdez de Castro, á vez que aclarou que “xa sabemos que a oposición non queren nin dialogar, nin negociar, levamos meses tentándoo en balde. Vostedes non queren dialogar o que queren é impoñer e romper a unidade de España”.

Así, advertiu “nós non imos aceptar nunca nin imposicións nin chantaxes nin tampouco imos negociar nunca nin o cumprimento da Lei, nin a unidade de España, nin a soberanía nacional, nin a igualdade e a solidariedade entre españois”.

“Eses son principios básicos da nosa convivencia e os deputados do GPP imos defender sempre. Podémosllo dicir máis alto pero non máis claro”, subliñou Bermúdez de Castro.

O portavoz do PP deixou claro que “hai cousas que non se poden cambiar en democracia, por exemplo, que todos somos iguais ante a Lei, que a Lei obriga a todos ou que todos estamos sometidos á tutela xudicial porque se falta algún destes principios non estariamos ante unha democracia, estariamos ante outra cousa, quizá é iso o que buscan”.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.