lunes, 18 de septiembre de 2017

Aprobado un incremento dos fondos destinados ás políticas activas de emprego e a prórroga do Plan Prepara

Hoxe celebrouse a LXVI Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais, na que se alcanzou un acordo polo que se atribúe ao Servizo Público de Emprego Estatal a competencia para xestionar o PREPARA de maneira extraordinaria e ata o próximo 30 de abril de 2018.

Todo iso co obxectivo de habilitar a continuidade ao plan PREPARA tras a Sentenza do Tribunal Constitucional do pasado 20 de xullo evitándose un só día de desprotección de quen tivese acceso ao programa.

O acordo unánime alcanzado na Conferencia Sectorial, e para o que tamén se consultou ás organizacións e sindicais máis representativas, permitiron que as CCAA atribúan ao SEPE a xestión do programa de maneira extraordinaria e limitada no tempo.

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social levaba preto de 4 meses traballando cos interlocutores sociais, no marco da Mesa do Plan de Choque para o Emprego, na fórmula coa que o Goberno podería garantir a continuidade do PREPARA. 

Así mesmo, e con posterioridade á sentenza do Tribunal Constitucional, volveu manterse unha reunión cos axentes sociais, o 14 de agosto, para analizar de forma consensuada a mellor forma para evitar desprotección pola finalización do programa.

Durante a súa intervención, o Secretario de Estado de Emprego, Juan Pablo Riesgo, lembrou que o Plan PREPARA prorrogouse en 12 ocasións para mellorar as axudas dos parados de longa duración con cargas familiares.

Os datos acumulados do Programa en todas as súas edicións indican que 954.935 beneficiáronse do mesmo. Un  75 % delas, 721.215 desde 2012, accedendo á axuda de mellorada do 85 % do IPREM (452 euros ata 2017, 457 tras a aprobación dos PGE de 2017) 86.920 persoas.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, valorou positivamente a prórroga do Plan Prepara, xa que sinalou que supón un apoio dirixido ás persoas con menos recursos, demandantes de emprego no último ano que carezan de rendas, de calquera natureza, superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional. “Os parados de longa duración e as persoas con menos recursos son un colectivo prioritario en todas as políticas activas de emprego da Xunta”, engadiu Conde. 

Desde a posta en marcha do Plan Prepara, en marzo de 2011, o programa beneficiou a 50.782 galegos e permitiu a mellora laboral de 10.000 desempregados a través do labor dos 50 orientadores contratados a través desta actuación.

O Goberno galego conta, ademais, con outras axudas dirixidas a este colectivo que se enmarcan na Axenda 20, a folla de ruta coa que se está impulsando o emprego estable e de calidade. Así, existen apoios para a contratación de parados de longa duración, que sexan maiores de 45 anos, nos que se invisten 2 millóns de euros. Son axudas mínimas de 10.000 euros e máximas de 25.000 euros. Así mesmo, a Xunta dispón de apoios, con contías que poden alcanzar os 10.000 euros, para incentivar nas pemes a contratación de parados maiores de 30 anos que esgotaran as prestacións por desemprego aos que se destinan 1,5 millóns de euros. As dúas convocatorias están abertas ata o próximo 2 de outubro.
Do que se trata é, segundo indicou o conselleiro, de “facilitar con estes programas ás persoas desempregadas o acceso a un posto de traballo”. Deste xeito, apuntou que a Xunta segue traballando para que a recuperación económica chegue a todas as familias galegas e as cifras do desemprego sigan baixando, como no último mes no que Galicia foi a terceira Comunidade na que máis baixou o paro. Ademais, na actualidade existen un 29% menos de parados de longa duración que ao inicio da segunda lexislatura e, tal e como afirmou o conselleiro, 2 de cada 3 desempregados que abandonaron as listas do paro no último ano eran de longa duración. 



Estratexia Española de Activación para o Emprego 2017-2020

Así mesmo, o Secretario de Estado de Emprego, Juan Pablo Riesgo informou sobre o estado da tramitación da nova Estratexia de Activación para o Emprego 2017-2020, unha vez que se concluíu un intenso proceso de diálogo, e participación de axentes sociais e consenso coas comunidades autónomas no marco da Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais.

Os traballos para a redacción da nova Estratexia iniciáronse hai máis de 8 meses dando cumprimento aos compromisos alcanzados na Conferencia de Presidentes do 17 de xaneiro deste ano. Por unha banda, incorporáronse as observacións da mesa de diálogo social do Plan de choque polo emprego, que se reuniu en 3 ocasións para abordar a estratexia. E doutra banda, no grupo de traballo coas comunidades autónomas, que se constituíu o pasado 7 de Abril, e que se reuniu en 5 ocasións para debater e incorporar multitude de achegas á Estratexia.

Desde o 8 de xuño, un total de 6 versións da Estratexia, ademais de documentos asociados á mesma, compartíronse no foro de participación das CC.AA. creado para tal efecto.

A Estratexia de Activación para o Emprego 2017-2020 está orientada sobre cinco obxectivos de referencia, que serán a base dos Plans Anuais de Política de Emprego e que poderán adaptarse ás circunstancias que concorran en cada momento.  

A Estratexia de Activación dá cumprimento ás prioridades fixadas pola Conferencia de Presidentes do 17 de Xaneiro deste ano, no que se instaba ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social  a renovala, priorizando a avaliación das políticas activas en función de resultados, aumentando a participación das CCAA na xestión das políticas de formación, e priorizando a efectiva implementación da garantía xuvenil e a atención dos desempregados de longa duración.

Distribución de fondos para políticas activas de emprego

A conferencia sectorial tamén realizado a distribución de fondos para políticas activas de emprego ás CC.AA exposta na anterior conferencia sectorial tras a entrada en vigor dos Orzamentos xerais do estado para 2017.

Trátase da distribución de 167 millóns que se suman á contía asignada na Sectorial celebrada o 18 de Abril, que ascendeu a 1.893 millóns. Por tanto, con esta nova distribución, a cifra total do presente exercicio é de 2.060 millóns e representa un 14,38% (259 millóns) máis que en 2016, ano no que se repartiron 1.801 millóns. En Galicia a cifra total do presente exercicio é de 156,57 millóns de euros.

Entre as cantidades para distribuír, destacan os 129 millóns de euros, adicionais a outros 129 millóns que se distribuíron o pasado mes de abril,  que irán destinados a financiar o programa de Acción Conxunta para a Mellora na Atención ás Persoas Paradas de Longa Duración que se asignan entre as CCAA en función do grao de cumprimento dos obxectivos de atención e inserción das persoas beneficiarias deste programa.

Ademais, un total de 34 millóns de euros van destinados a financiar iniciativas de formación profesional para o emprego que se distribúen entre as CCAA en base a criterios aprobados na Conferencia Sectorial de Emprego do 18 de abril de 2017.

Finalmente,  fíxase tamén  o obxectivo de mellorar o desempeño dos servizos públicos de emprego modernizando os instrumentos do Sistema Nacional de Emprego e promovendo a aplicación dos protocolos da carteira común de servizos dos servizos públicos de emprego.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou, que Galicia recibirá 10,8 millóns adicionais para aumentar a inserción laboral dos galegos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta