miércoles, 20 de septiembre de 2017

ADIF licita a redacción de proxectos para a supresión de 36 pasos a nivel no tramo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo

Informa hoxe ADIF que sacou a licitación a redacción dos proxectos de supresión de 36 pasos a nivel no tramo de rede convencional Ourense-Monforte de Lemos-Lugo.

Os proxectos divídense en 9 lotes, atendendo a criterios de proximidade e complexidade na solución. 

Dos 36 proxectos, 30 corresponden a pasos a nivel na liña Palencia-A Coruña e 6 á liña Monforte de Lemos-Vigo.

Os termos municipais nos que se sitúan os pasos a nivel son Ourense (2), Sober (1), Monforte de Lemos (5), Sarria (14) e Lugo (14).

O orzamento de licitación conxunto é de 2.731.696,2 euros, nunha pinza que vai desde os 174.508,6 euros do proxecto de menor contía aos 274.154,4 euros do maior. O contrato conta cun prazo de execución de 10 meses.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta