En agosto aumentan as matriculacións de turismos en Galicia nun 12,9 %

Coñecemos hoxe o dato de que durante o mes de agosto matriculáronse 72.470 turismos, o que supón unha subida da 13,1% fronte ao mesmo período do ano pasado. 

Aínda que todas as canles acabaron o mes con porcentaxes positivas, é o de particulares o que menos crece de todos eles: unha 8,5% fronte ao 19,2% das empresas ou o 41% dos alugadores. 

Nos oito primeiros meses do ano o mercado de turismos rexistrou 849.912 matriculacións, o que supuxo un 7% máis que no período xaneiro-agosto de 2016. No conxunto do ano reprodúcese o mesmo patrón de crecemento que no mes de agosto: son as matriculacións por parte dos particulares as que menos crecen (2,1%), mentres que as canles de empresas e alquiladores alcanza taxas moi superiores, cun 14,5% e un 9,2% de subida, respectivamente. 

As matriculacións por parte dos particulares recuperáronse en agosto fronte ao pasado mes de xullo, cando rexistraron unha caída do 4%. Este incremento levou a alcanzar no acumulado anual unha subida do 2,1%. Mentres, o mercado xeral alcanza unha porcentaxe de crecemento máis de tres veces superior, ata chegar ao 7%. Hai que lembrar que, en tres dos oito meses do ano 2017 houbo unha caída nas vendas a particulares. 

GALICIA:

Durante o mes de agosto matriculáronse 3.340 turismos, o que supón unha subida da 12,9 % fronte ao mesmo período do ano pasado. 

Nos oito primeiros meses do ano o mercado de turismos rexistrou 27.812 matriculacións, o que supuxo un 2,3 % máis que no período xaneiro-agosto de 2016.

Todos estes moi bos datos evidencian que o mercado de turismos vai recuperando aos poucos o seu ton, aínda que esteamos aínda por baixo das cifras do ano 2008, cando comezou a crise.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.