jueves, 31 de agosto de 2017

O PP: a suma de varias sensibilidades políticas e o eixo do centro dereita

Esta mañá, o coordinador xeral do Partido Popular, Fernando Martínez-Maillo, presentou en rolda de prensa os foros e actos que prepara o PP para celebrar os corenta anos de democracia en España. E sinalou que "o PP sente orgulloso do seu papel nestes corenta anos de democracia. Cremos que xogamos un papel central".

Afirmou que "o PP é un partido que non vén dun estudio de televisión; xurdimos da sociedade española, e a pesar de que algúns falan de partidos vellos ou novos, sentimos moi orgullosos da nosa historia. E sentímonos moi orgullosos da nosa contribución aos cambios transcendentales que se produciron en España nestes corenta anos".

Maillo lembrou que o PP é a suma de varias sensibilidades políticas -Alianza Popular, a Democracia Cristiá, o Partido Liberal e persoas procedentes da UCD e logo do CDS-, e subliñou que continúa sendo o eixo do centro dereita español. 

O coordinador xeral lembrou que "o PP foi durante estes anos un partido determinante para o futuro de España, e seguímolo sendo no día de hoxe, sempre comprometidos coa defensa da liberdade, da democracia, da Constitución e da lei".

Maillo tamén destacou que "o PP contribuíu á modernidade de España", que "foise transformando da man da sociedade" e que "foi avanzando xunto a ela, escoitando e atendendo as súas demandas".

Valorou que o PP tivo moitos acertos ao longo de todos estes anos, pero tamén cometeu erros. Neste sentido, recoñeceu que houbo persoas que se aproveitaron das siglas do PP no seu propio beneficio, pero que afortunadamente agora xa non están no partido. Maillo sinalou ademais que destes erros "tamén aprendemos e tomamos medidas a nivel lexislativo no Parlamento e tamén medidas internas no partido para que non se volvan a producir".

Maillo defendeu que "somos un partido moi incómodo para o independentismo, e diso tamén sentimos orgullosos porque defendemos a unidade e a soberanía nacional".

Ademais, fronte aos líderes doutros partidos que aseguran que o seu obxectivo é botar ao PP das institucións, contrapuxo que "somos un partido que naceu na rúa, inicialmente na oposición e agora estamos no Goberno porque gañamos eleccións. Nós non queremos botar a ninguén das institucións, o que queremos é gañarlles nas eleccións e que os españois decidan nas urnas onde queren colocar a cada un dos partidos. As urnas son as que determinan os liderados institucionais en cada momento".

Na rolda de prensa tamén interveu a secretaria de Xustiza e Liberdades Públicas, María del Mar Blanco, que enumerou os cinco foros que se van a celebrar ao longo de setembro, outubro e novembro, e que culminarán cun gran acto en Madrid.

O primeiro foro tratará sobre a democracia española e terá lugar durante o fin de semana do 23 e 24 setembro en Ávila; o segundo centrarase no compromiso europeo e transatlántico de España, e  celebrarase en Cataluña; no terceiro foro falarase sobre o Estado de benestar e organizarase en Andalucía; o cuarto tratará sobre o compromiso coa liberdade e terá lugar no País Vasco; o último foro ocuparase da política territorial e celebrarase en Galicia.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta