Adif Alta Velocidade aprobará este mes a licitación da construción do ramal que conectará a liña de alta velocidade en Taboadela co trazado actual para acceder a Ourense


Informa ADIF-AV que a execución das obras de construción da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia continúa o seu desenvolvemento.

Neste sentido, da conta que o Consello de Administración de Adif Alta Velocidade aprobará este mes a licitación da construción do ramal que conectará a liña de alta velocidade en Taboadela co trazado actual para acceder a Ourense. 

Deste xeito, Adif Alta Velocidade cumpre cos seus compromisos e a planificación establecida e continúa avanzando nos trámites necesarios para facilitar que a alta velocidade chegue canto antes a Ourense, e acúrtense os tempos de viaxe desde Madrid e a meseta ata Galicia.
Este ramal, en cuxa construción se investirán 7,3 M€, permitirá a continuidade da conexión ferroviaria de alta velocidade entre a cidade de Ourense e a Meseta, mentres se tramita e constrúe a Variante Exterior de Ourense.

En relación a outras actuacións que afectan á mesma provincia, nos próximos días someterase a Información Pública o proxecto de remodelación da estación de Ourense, que permitirá a chegada da alta velocidade nunha primeira fase.

Así mesmo atópanse en fase de redacción os proxectos construtivos do cambiador de ancho de Taboadela, das actuacións complementarias entre Taboadela e Ourense no corredor actual, a implantación do terceiro carril, así como o de liña aérea de contacto e as instalacións de seguridade e comunicacións no mesmo tramo.

Todas estas obras teñen un prazo de execución que non atrasará en ningún caso a chegada da alta velocidade a Galicia.
Doutra banda, tras concluírse a redacción do proxecto construtivo, comezouse a tramitación para licitar a obra da nova estación de Sanabria.

Con la tecnología de Blogger.