ADIF adxudica a redacción de proxectos para a electrificación do tramo Monforte de Lemos-Lugo da liña convencional Ourense-Lugo

Informaba  onte Adif adxuicou, por importe de 1.959.146 euros (IVE incluído), a asistencia técnica para a realización dos estudos e proxectos construtivos necesarios para a electrificación do tramo Monforte de Lemos-Lugo da liña convencional Ourense-Lugo.

A electrificación deste tramo, de 70 km de lonxitude, permitirá dar continuidade á electrificación xa en servizo do eixo Ourense-Monforte e León-Monforte. Deste xeito conseguirase un incremento na potencia de tracción das circulacións ferroviarias e, por tanto, a redución dos tempos de viaxe entre Ourense e Lugo. O investimento previsto nesta actuación elévase aproximadamente a 83,5 millóns de euros.

O obxectivo do contrato adxudicado, que ten un prazo de execución de 12 meses, é definir e detallar os traballos para realizar na fase de execución das obras, redactándose, entre outros, os seguintes estudos:

- Definición da liña aérea de contacto (catenaria), ademais do correspondente proxecto construtivo.

- Subestacións eléctricas de tracción, así como os seus emprazamentos, características principais e acometidas ás liñas de alimentación, e os proxectos construtivos asociados.

- Estudos de instalacións de seguridade, gálibos en túneles e pasos superiores, cos proxectos construtivos necesarios.

- Detección dos servizos afectados pola electrificación da liña.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.