martes, 22 de agosto de 2017

Colaboración de España para loitar contra os incendios forestais de Portugal

Unha vez máis volvo a falar dos incendios forestais que están a causar grandes danos este verán na península ibérica, especialmente no noso veciño país, Portugal.

A situación é de tal gravidade que o Goberno luso procedeu á declaración de de calamidade pública con efectos preventivos desde o dia 18 ata onte 21, en 155 concellos e rexións: Centro e interior Norte e Baixo Alentejo e Algarve, debido ao risco inminente de incendio.

Están a loitar nese País, ademais dos bombeiros voluntarios, a Mariña, Exército, GNR, PSP e Instituto dá Conservação dá Natureza e dás Forestas.

Procede resaltar aquí o apoio dos medios aéreos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) que realizaron xa 525 horas de voo e efectuaron 1.814 descargas de auga nos diferentes incendios forestais ocorridos en Portugal, desde o pasado mes de xuño e ata o 20 de agosto.

En concreto, o número de incendios nos que participaron os medios do MAPAMA en Portugal neste período representa o 3,7% do total de incendios atendidos. Así mesmo, o total de horas voadas en Portugal representa o 14,7% das horas voadas polos medios do Ministerio.

Os datos, abarcan desde o 18 de xuño, cando comezaron as mobilizacións de medios en apoio das autoridades lusas ante o incendio de Pedrogao Grande, e ata a data de onte, 21 de agosto. Nese período, os medios aéreos do MAPAMA intervinieronen incendios localizados en de Bragança, Vilareal, Castelo Branco (por dúas ocasións), Nisa, Portalegre, Montealegre, Santarem (tamén en dúas ocasións), Abrantes, Leiria, Alvaiázere, Palaçoulo, Ferreira do Zezere, Vila Rei, San Martín de Pedroso, Maçao e Covilha.
Salientar tamén que a Xunta de Galicia mobilizou nas últimas horas medios de extinción de incendios para axudar na loita contra o lume no Norte de Portugal. A actuación da Xunta de Galicia enmárcase no protocolo de actuación do proxecto de cooperación transfronteiriza ARIEM 112
En virtude deste protocolo, os dous helicópteros con base en Queimadelos (Mondariz) que coordina a Consellería do Medio Rural, farán quendas para actuar en Portugal. Un deles xa está intervindo no municipio luso de Melgaço e cando remate o seu tempo de autonomía de voo será relevado polo outro aparello.
Ambos son helicópteros con capacidade para facer descargas de auga de entre 1.000 e 1.500 litros de auga e forman parte do dispositivo previsto no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (Pladiga), integrado por unha trintena de medios aéreos. A súa colaboración con Portugal vai estar condicionada ás necesidades de servizo que poidan xurdir en Galicia, xa que a súa principal prioridade é a protección do territorio forestal galego.
O ARIEM 112 (Asistencia Recíproca Interrexional en Materia de Emerxencias) é un proxecto de carácter multirrexional enmarcado dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP). Ten como obxectivo principal o establecemento dun mecanismo de colaboración entre os Centros 112 que xestionan e mobilizan recursos de emerxencias nas zonas transfronteirizas implicadas de Galicia, Castela-León e Norte de Portugal, mediante a implantación de ferramentas comúns informáticas e de telecomunicacións, a formación conxunta e a implantación de protocolos de intervención comúns.
Entre todas as administracións implicadas traballouse co fin de que os habitantes da zona tranfronteiriza estean máis seguros e dispoñan dun óptimo servizo de xestión e de atención das emerxencias; que a fronteira, en definitiva, non sexa xa unha liña que divida senón que una rexións.

O ARIEM 112 engloba a máis de cen concellos, preto de 600.000 habitantes e unha extensión de case 17.000 quilómetros cadrados, que agora están atendidos no eido das emerxencia por máis de 1.100 efectivos, contando protección civil, e bombeiros das tres rexións, entre outros.