Tolerancia cero cos incendiarios



A conselleira, que supervisou a coordinación do operativo desde o centro de mando de Fumaces, apelou a acabar cos incendiarios para finalizar con esta secuela que pon en perigo vidas humanas e produce auténticos atentados ao patrimonio.

Neste sentido, lembrou que tres de cada catro incendios en Galicia son provocados e puxo como exemplo á persoa detida onte pola Policía Autonómica en Maceda. Ángeles Vázquez explicou que nos últimos días este municipio viña rexistrando varios focos continuados, cinco nunha soa noite, ata que finalmente localizouse a esta persoa in fraganti á que se lle acusa de ser autor dunha vintena de incendios na zona. A titular de Medio Rural anunciou ademais que a Xunta se vai acudir como acusación na súa contra "porque non pode ser que salga tan barato prender lume"

A conselleira tamén destacou que este non é o único caso e apelou á tolerancia cero cos incendiarios. "Hai que perseguir a quen en días como este de sol, seca e nunha zona repoboada é capaz de prender lume", denunciou. No caso concreto de Verín, ademais das hectáreas de monte queimadas, houbo que vixiar e actuar para evitar a chegada do lume a localidades como Queirugás, en Verín, e A Fraira, Devesa e Osoño, xa no concello de Vilardevós. Ademais, durante os labores de control, un dos vehículos das brigadas de Medio Rural tamén resultou afectado. "Pero non houbo que lamentar danos persoais, que é o importante", lembrou Ángeles Vázquez.

Operativo

Para controlar este lume despregouse un gran dispositivo que pasou por 3 técnicos, 21 axentes, 50 brigadas antiincendios, 29 motombombas, 4 pas, 12 helicóperos e 7 avións. Pero ademais, dada a especial situación, tamén se despregou a Unidade Militar de Emerxencias (UME) e participaron sete patrullas de seguridade cidadá para garantir a seguridade dos veciños, cinco patrullas de tráfico que se encargaron de cortar as estradas cando resultou necesario (pechouse ao tráfico a N-525 e a autovía 52, ademais doutras vías secundarias) e dotacións de bombeiros comarcais de Verín e Xinzo.

Tamén participaron no operativo o GES de Laza, o camión ama de cría da Axencia Galega de Emerxencias e voluntarios aos que a conselleira agradeceu a súa implicación. "Todos se envorcaron na extinción", declarou Ángeles Vázquez, que destacou a perfecta coordinación" que se fixo desde o servizo de extinción de incendios" cunha voz única que os dirixe. En total, puideron participar unhas 400 persoas no control deste lume que, calcúlase, pode medir unhas 1.200 hectáreas, segundo as últimas estimacións.

Doutra banda, a conselleira do Medio Rural apelou á precaución e insistiu na importancia de non trasladarse para ver o lume e permanecer nas casas, tanto pola seguridade dos veciños como para facilitar o paso dos servizos de extinción.
Con la tecnología de Blogger.