Unha ferramenta clave para revalorizar o sector da madeira: a Axencia Galega da Industria Forestal

Do acontecido onte no Consello da Xunta saliento a aprobación do decreto para a creación da Axencia Galega da Industria Forestal co obxectivo de axudar ao sector a avanzar, innovar e crear máis emprego de calidade.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacaba na rolda de prensa que “Aprobamos de xeito definitivo unha ferramenta clave para revalorizar o sector da madeira”, aseverou, subliñando que o sector forestal galego está formado por preto de 3.000 empresas, que empregan a máis de 80.000 persoas e facturan arredor de 2.000 millóns de euros.

Cremos que debemos exportar máis”, afirmou incidindo en que a axencia se poñerá a traballar de xeito inmediato para contribuír ao progreso da industria forestal, que xa acumula crecementos importantes nos últimos anos.

Durante a súa intervención, Feijóo subliñou que o obxectivo é que o sector conte cun órgano específico que traballe en medidas concretas para a industria forestal: para incrementar o valor dos produtos, para incorporar cada vez máis emprego cualificado e para innovar con máis intensidade.

Con esta finalidade a axencia centrarase nas pemes que conforman a cadea forestal, e que pertencen a subsectores como a explotación forestal, na que se inclúen traballos de corta e saca, de silvicultura e comercialización de madeira en bruto; na primeira transformación, á que se dedican sobre todo os serradoiros; e na segunda transformación, da que forman parte os traballos de carpintería e mobles, madeira tratada e elaborada, fabricación de portas e ventás, entre outros.

Na Axencia Galega da Industria Forestal, todos estes subsectores “terán un interlocutor, e, sobre todo, un colaborador para poñer en marcha medidas en distintos ámbitos”, dixo, referíndose a iniciativas para incentivar a utilización da madeira para a fabricación de produtos de consumo; para facer o sector máis competitivo a través da innovación e o deseño, con programas de renovación tecnolóxica e de aplicación da enxeñería; para fomentar o emprego de calidade, tanto a través da formación dos actuais empregados como coa incorporación de novos especialistas; para a busca de novos nichos de mercado, que sigan abrindo posibilidades de exportación; para favorecer a transferencia de coñecemento entre empresas e centros públicos de investigación forestal; e para captar o máximo número de fondos posibles nacionais e europeos no ámbito da innovación e biotecnoloxía forestal.

O presidente da Xunta subliñou que coa creación deste organismo se separa a xestión da industria das competencias vinculadas á política antiicendios e da ordenación da propiedade forestal.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.