Reforzar o Servizo de Axuda no Fogar a persoas que teñen limitada a súa autonomía persoal

O envellecemento da poboacion galega, especialmente na provincia de Ouense, implica que moitos maiores precisen de asistencia domiciliaria que supla as suas limitacions. Todos os recursos son poucos para atender estas crecentes necesidades, especialmente no medio rural.

Por iso celebro a noticia de que o pasado 3 de agosto de 2017 o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na rolda de prensa do Consello, que o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar a persoas que teñen limitada a súa autonomía persoal, cun incremento de 1.284.180 horas anuais, permitirá atender a 4.000 novos beneficiarios.

Máis polo miúdo, Feijóo subliñou que este incremento, que supón unha suba do 21% das horas financiadas de axuda no fogar, permitirá chegar aos 20.700 usuarios, coa creación de 1.000 novos empregos vinculados a esta prestación.

O titular do Goberno galego aseverou que en dous exercicios a Xunta terá reforzado as horas dispoñibles de Servizo de Atención ao Fogar en máis de dous millóns de horas e aumentado o número de beneficiarios nun 60,84 %
Ebro
Ao longo da rolda de prensa, o responsable do Goberno galego explicou que este novo aumento nas horas leva aparellada un incremento do financiamento nun 13,4%: 2,6 millóns máis que en 2017 e 8 millóns máis para 2018. 

Con esta medida, a Xunta responde ás necesidades de novos usuarios de 287 concellos e de 7 mancomunidades ou agrupacións de concellos. E os novos beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar sumaranse ás preto de 49.000 persoas que actualmente reciben algunha prestación, situándose Galicia como a primeira comunidade autónoma neste servizo.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.