sábado, 26 de agosto de 2017

En Barcelona para gritar que "non temos medo"

Chego por avión a Barcelona e pola maña visito as Ramblas, deténdome nos lugares onde tivo lugar a masacre e sentindo unha gran sensación de tristeza e indignación. 

Centos de recordos: flores,velas, xoguetes, escritos, postais, etc, lembran aos inocentes que morreron vilmente asesinados.

Pola tarde  tivo lugar a manifestación contra o terror masiva que a Garda Urbana cifrou no medio millón de persoas.

Baixo o lema "Non tinc por / Non teño medo", os participantes recorrimos as rúas encabezados por unha representación os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, de servizos sanitarios e outros colectivos  directamente involucradas na xestión ou afectadas nos ataques terroristas.

Estas persoas precederon a unha nutrida representación institucional presidida pola súa Maxestade El Rey e composta polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, o presidente do Senado, Pío García-Escudero, o presidente da Generalitat de Cataluña, Carles Puigdemont, a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, membros do Goberno, conselleiros da Generalitat de Cataluña, consistorio municipal, presidentes de Comunidades Autónomas, líderes políticos, empresariais e sindicais, así como personalidades de todos os ámbitos da sociedade e embaixadores e cónsules xerais en España de distintos países.


Tamén houbo unha ampla presenza de deputados do GPP que viñeron desde diferentes lugares do País.

Ao termo da manifestación, na Praza de Cataluña tivo lugar a lectura a un texto baixo o lema “Non tinc por”, as obras que dedicaron ás Ramblas Federico García Lorca e Josep Maria de Sagarra e unha actuación musical.




Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta