jueves, 27 de julio de 2017

EPA II T DE 2017: "Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 660.400 persoas"

Difunde hoxe o INE a Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao segundo trimestre de 2017.

Segundo estes datos en España o número de ocupados aumenta en 375.000 persoas no segundo trimestre de 2017 respecto ao trimestre anterior (un 2,03%) e sitúase en 18.813.300.

En termos desestacionalizados a variación trimestral é do 0,85%.

O emprego creceu en 512.300 persoas nos 12 últimos meses. A taxa anual é do 2,80%.

- A ocupación no sector público aumenta este trimestre en 29.900 e no sector privado faio en 345.100. Nos 12 últimos meses o emprego incrementouse en 503.600 persoas no sector privado e en 8.700 no público.

- O total de asalariados sobe este trimestre en 349.500. Os que teñen contrato indefinido aumentan en 93.600 e os que teñen contrato temporal en 255.900. En variación anual, o número de asalariados crece en 502.500 (o emprego indefinido incrementouse en 202.800 persoas e o temporal en 299.700). O número de traballadores por conta propia sobe en 23.800 este trimestre, mentres que nos 12 últimos meses creceu en 9.200.

 - A ocupación aumenta este trimestre nos Servizos (272.400 máis), na Industria (65.700) e na Construción (52.100) e descende na Agricultura (15.200 menos). No último ano o emprego subiu en todos os sectores: nos Servizos hai 244.100 ocupados máis, na Industria 139.500, na Agricultura 72.400 e na Construción 56.300.

- Os maiores incrementos de emprego este trimestre prodúcense en Cataluña (72.600 máis), Illes Balears (65.000) e Andalucía (53.500). En Castela-A Mancha o número de ocupados diminúe en 4.100. No último ano o número de ocupados sobe en todas as comunidades autónomas. Os maiores aumentos obsérvanse en Andalucía (129.200), Cataluña (89.200) e Comunidad de Madrid (71.200).

- O número de parados baixa este trimestre en 340.700 persoas (- 8,01%) e sitúase en 3.914.300. En termos desestacionalizados a variación trimestral é do - 5,08%. Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 660.400 persoas (- 14,44%). - A taxa de paro sitúase no 17,22%, o que supón 1,53 puntos menos que no trimestre anterior. No último ano esta taxa descendeu en 2,78 puntos.

- Por comunidades, as maiores baixadas do paro este trimestre danse en Cataluña (79.200 parados menos), Andalucía (72.200) e Comunidad de Madrid (38.900). En termos anuais, as maiores reducións prodúcense en Andalucía (160.800 parados menos), Comunidad de Madrid (114.100) e Cataluña (106.200).

 - O número de activos aumenta este trimestre en 34.300, ata 22.727.600. A taxa de actividade sobe seis centésimas e sitúase no 58,84%. No último ano a poboación activa ha descendido en 148.000 persoas.

GALICIA

Os datos do INE acreditan que Galicia conta no segundo trimestre de 2017 con 201.500 parados (21.400 menos que hai un ano). E con 1.048.900 ocupados, 14.099 máis que hai un ano.


Os datos do INE acreditan que Galicia conta no segundo trimestre de 2017 con 201.500 parados (21.400 menos que hai un ano). E con 1.048.900 ocupados, 14.099 máis que hai un ano.

A taxa de paro sitúase nun 16,11 %, 1,6 puntos menos que hai un ano, baixando nas catro provincias e continúa sendo inferior á España en 1,11 puntos. (Galicia: 16,11; España: 17,22). 

Levamos máis de 3 anos (13 trimestres) consecutivos baixando o número de desempregados, desde o segundo trimestre de 2014. 

Un nivel similar ao de hai 7 anos (TII2010: 201.300/TII2017: 201.500). 

O paro diminúe en todos os niveis de estudos, e por idades, o maior descenso  rexístrase no grupo de 25 a 34 anos, baixa un 23,1%, 13.300 menos. 

Por sectores de actividade, baixa na construción     (-46,6%), a industria (-5,5%) e nos servizos (-3,7%). 

Cifras que ratifican a tendencia que xa amosaron os datos do paro no mes de xuño, cun descenso interanual do desemprego do -8,52%.

Os ocupados continúan crecendo en 14.900 persoas o que supón un incremento do 1,4%. 

Superan o millón, 1.048.900 ocupados, o que sitúa a Galicia a un nivel superior ao de hai 5 anos. (TII2012:1.042.000).

Acumulamos xa dous anos e medio consecutivos con taxa positiva. (Con variación interanual positiva. A taxa de ocupación é do 44,75%.).

Medran os ocupados a tempo completo (1,5%), entre a poboación máis nova, nos maiores de 45 anos, con estudos primarios e nas mulleres.

A ocupación crece na industria (8,3%), no sector primario (7,5%) e nos servizos (0,1%). 

Os Activos sitúanse en 1.250.400 persoas.  A taxa de actividade mantense nun 53,3%. (Baixa unha décima, 6.500 persoas menos). 

Baixan os fogares con todos os membros activos en paro- 9,51% (7.200 fogares menos). 

Crecen os fogares con todos os membros activos ocupados 2,53%(14.100 fogares máis)
 
CON RESPECTO AO TRIMESTRE ANTERIOR


Os parados baixan nun 7,2% (-15.600), triplicando o descenso rexistrado no mesmo trimestre do ano anterior, (TII2016:-5.000). E o número de ocupados aumenta un 1,5%.  


A tendencia de crecemento do emprego no último ano en Galicia segue sendo positiva: temos menos desemprego, máis ocupación e a tempo completo e unha taxa de actividade que se mantén estable, cunha tendencia positiva, con menos parados e máis ocupados, nun dos colectivos prioritarios para a Xunta: a mocidade. 

OURENSE

Os datos do INE acreditan que Ourense conta no segundo trimestre de 2017 con 108.000 ocupados (1.800 máis que hai un ano) e  21.400 parados (5.800 menos que hai un ano).
A taxa de paro sitúase nun 16,54 %, 3,85 puntos menos que hai un ano.


CON RESPECTO AO TRIMESTRE ANTERIOR

Os parados baixan en 6.000 persoas e o número de ocupados aumenta en 800 persoas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta