Ourense inagura unha moderna Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR)

Esta mañá, a ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, visitou  a nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ourense, en fase de posta en marcha tras finalizar as obras, que supuxeron un custo de 50,3 millóns de euros, cofinanciados polo MAPAMA, a través da sociedade estatal Acuaes con axudas procedentes do Fondo FEDER da Unión Europea, a Xunta de Galicia, mediante Augas de Galicia e o Concello de Ourense
A nova EDAR triplicará a capacidade hidráulica da actual depuradora, depurando un caudal medio de 72.192 m3 de augas residuais ao día, podendo atender así as necesidades de depuración de preto de 355.000 habitantes/equivalentes.
García Tejerina estivo acompañada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; polo delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad; pola conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta, Beatriz Mato; polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; e pola directora xeral da auga do Ministerio, Liana Ardiles, entre outras autoridades e veciños. Tiven ooportunidade de asistir.
382 MILLÓNS DE INVESTIMENTOS HÍDRICAS EN GALICIA DESDE 2012
A ministra destacou que “somos un Goberno plenamente comprometido coa preservación e mellora do medio ambiente e, en particular, coa mellora da calidade das nosas augas”, destacando “o enorme esforzo investidor” do Executivo para apoiar ás corporacións locais para que presten os servizos públicos de saneamento e depuración de augas, no exercicio das súas competencias.
Así, Isabel García Tejerina detallou que os investimentos do Estado en materia de auga en Galicia superaron os 382 millóns de euros desde 2012 a 2016.
A ministra, neste sentido, fixo fincapé na importancia para o Goberno da política da auga, e en particular da depuración para lograr así alcanzar os nosos obxectivos ambientais. Tras realizar unha auditoría para coñecer a situación real da depuración no noso país e poder priorizar así os investimentos necesarios puxo en marcha unha iniciativa (o Plan de Medidas para o Crecemento, a Competitividade e a Eficiencia “Plan CRECE”) cuns investimentos en materia de depuración de 1.100 millóns de euros ata 2020.
García Tejerina explicou que o obxectivo deste Plan “é executar aquelas actuacións destinadas a conseguir que todos os municipios depuren adecuadamente, cumprindo así os obxectivos da normativa comunitaria no referente ao tratamento das augas residuais urbanas ou, como no caso desta EDAR, que vaia incluso máis aló do que a propia lexislación establece”.
Grazas a este Plan, e en concreto en Galicia, o Ministerio investiu en 2015 un total de 187,2 millóns de euros para impulsar 15 actuacións que xa estaban en marcha cun orzamento total de máis de 321 millóns de euros.
NOVA EDAR DE OURENSE, XA EN FASE DE POSTA EN MARCHA
Dentro destas actuacións atópase a EDAR que cualificou como “unha obra fundamental para a cidade de Ourense e para o seu río, xa que a nova estación depuradora poderá depurar sustancias contaminantes que non elimina a EDAR actual como son nutrientes, fósforo e nitróxeno, permitindo que a auga que se volva a verter ao Miño fágao en condicións adecuadas, o que contribuirá ao mantemento e conservación do propio río e dos seus sistemas asociados”.
Cando conclúa a fase de posta en marcha da nova EDAR, e unha vez que as instalacións estean plenamente operativas, o Ministerio entregarallas a finais de leste mesmo ano ao Concello de Ourense para que se encargue da súa explotación.
Posteriormente, o terreo onde se sitúa a actual Estación Depuradora de Augas Residuais, unha vez acondicionado, transformarase nun espazo de lecer e de gozar para  os cidadáns.
“Deste xeito engadiu a ministra, o Goberno de España contribúe ao beneficio dos habitantes de Ourense e, tamén, ao seu desenvolvemento económico, permitindo dotar de mellores servizos á poboación, e é que entendemos o medio ambiente como un aliado do crecemento e a xeración de emprego".
PRÓXIMAS ACTUACIÓNS DE DEPURACIÓN EN GALICIA
García Tejerina, que agradeceu o respaldo dos Concellos e da Xunta de Galicia (e en concreto do seu presidente) para seguir avanzado para alcanzar os nosos obxectivos ambientais, adiantou que o Goberno de España comezou os trámites administrativos para executar en Galicia, nos próximos anos, catro novas actuacións de saneamento integral dentro do Plan CRECE, cun investimento de 125 millóns de euros por parte do Estado.
En concreto, executaranse tres actuacións na Coruña: a nova EDAR de Santiago de Compostela e o colector na conca alta e Baixa do río Sarela,  dúas obras vinculadas tamén ao saneamento de Santiago. Ademais, en Ourense iniciarase a II fase da mellora da EDAR de San Cibrao das Viñas.
A estas hai que sumar unha quinta  actuación, non incluída  no Plan CRECE, como é a mellora da EDAR de Verín e dos colectores do barrio San Roque, tamén en Ourense.

“As actuacións que xa acometemos e as que imos seguir   executando permitirannos seguir avanzando cara á consecución dun dos obxectivos fundamentais do noso Goberno, que non é outro que conseguir que polos nosos ríos circule unha auga de mellor calidade” concluíu  a ministra. 

O alcalde Jesús Vázquez, calificou de modélica este infraestrutura e a sua integración no entorno e tamén o carácter sostible da instalación que  sitúa a Ourense á vanguarda europea e que multiplica a capacidade de tratamento de augas residuais da  cidade garantindo o seu crecemento sostible.

Pola súa parte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) permitirá a Ourense dispoñer do triplo de capacidade de procesamento de augas residuais. Ademais, a nova planta permitirá valorizar os lodos que xera para empregalos na agricultura e non emitirá nin ruídos nin cheiros ao exterior.
O tratamento terciario que incorpora a EDAR fai posible que as augas que emite sexan totalmente aptas para o baño, pois elimina delas o nitróxeno e o fósforo. Esta nova infraestrutura tamén favorece que na cidade das Burgas poida crearse un novo espazo verde, que con 16.000 metros cadrados se converterá nun dos maiores de Ourense.
Feijóo destacou que infraestruturas como esta son parte da aposta pola “política útil”, que pensa máis en dar solucións para os cidadáns a medio e longo prazo que nos xestos a curto prazo, e agradeceu a colaboración do ministerio.
O presidente anunciou tamén que, no ámbito das tecnoloxías de saneamento, “un proxecto con fondos e neuronas galegas” vén de pasar o primeiro filtro para optar aos fondos europeos do programa Interreg-Sudoe. O seu obxectivo é valorizar lodos procedentes de depuradoras urbanas como a de Ourense, e nela colaboran Viaqua, a Universidade de Santiago e o Centro Tecnolóxico da Auga.

IMPULSO AO SANEAMENTO


“Ourense estase convertendo nunha das cidades máis comprometidas co medio ambiente da Unión Europea”, dixo Feijóo, que recordou que desde 2009 na provincia de Ourense se levou a cabo unha actuación de saneamento cada dúas semanas. Nas zonas rurais da cidade, xa están comprometidas obras nos Viros, en Palmés e en Santa Mariña.
No conxunto de Galicia, este impulso tradúcese nunha media de sete obras de saneamento e abastecemento ao mes. O presidente explicou que a gran depuradora de Vigo xa está en período de probas e que se melloraron as de todas as urbes galegas. “Deste xeito, as sete cidades e as rías estarán plenamente en conformidade coa normativa europea”, concluíu.

O CONTROL PARLAMENTARIO DESTA OBRA
Resposta a pregunta do ano 2004
Pola miña banda teño que expresar a miña enorme satisfacción por ver inaugurada unha obra que levo seguindo desde o Congreso dos Deputados polo menos desde o ano 2004 cando formulei a miña primeira pregunta parlamentaria sobre a EDAR.


Lembro agora, cando o 23 febrero 2011 na Comisión de Medio ambiente do Congreso dos Deputados formulei unha pregunta ao entón Secretario de Estado de Medio Ambiente e Auga, Josep Puxeu, sobre a situación  do proxecto da futura estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ourense, que debería substituír á actual, inaugurada en 1995 e que presentaba importantes problemas estruturais e operativos como a capacidade de tratamento e un deseño obsoleto en varios dos procesos e tamén as vicisitudes legais que remataron ca orde de peche.

Naquela intervención denunciei os grandes atrasos acumulados por esta obra e fixen un repaso das actuacións dos últimos anos baixo mandato do goberno socialista:

Diante do edificio de desodorización biolóxica
- Recordei como o 24 de xullo de 2008 o Alcalde e o Presidente da C.H. Miño-Sil deron a coñecer que a nova EDAR estaría situada en Reza e a tan só 250 metros augas abaixo entre o final da actual planta e o coñecido como parque de Outariz e que custaría uns 60 millóns de euros.

- Lembrei como o 7 de setembro de 2008 o alcalde de Ourense estimaba que a nova depuradora podería entrar en funcionamento a finais de 2011 e como o 27 de novembro de 2008 o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, dicía que a súa previsión era que as obras licitaríanse en 2009 e comezarían en 2010.

- Falei de que o 7 de decembro 2009 recibin resposta do Goberno a unha pregunta parlamentaria sobre a EDAR de Ourense na que o Executivo afirmaba que “o anteproxecto xunto co preceptivo estudo de impacto ambiental estaría finalizado en febreiro de 2010”, e na que nos confirmaba que “se prevé que o inicio do proceso de licitación do correspondente contrato de elaboración do proxecto da nova EDAR de Ourense tería lugar no ano 2011”.

Espesador e gasómetro
- Pero o certo foi que houbo que agardar ata o 2 de xuño de 2010 para que a CHMS ditara Resolución pola que se acordaba someter a información pública o anteproxecto da EDAR e a relación de bens e dereitos afectados.

Dixen ao Sr. Puxeu que que desde aquela data descoñecemos as respostas dadas ás alegacións presentadas por particulares e organismos á exposición pública do anteproxecto para a nova e depuradora.

Igualmente, apuntei que naquela data aínda non se sabía nada da posterior tramitación da declaración de impacto ambiental, obrigatoria polo volume dunha instalación que superaba a previsión de uso por unha poboación de máis de 160.000 persoas, como tampouco se sabe nada sobre cando terá lugar a licitación do proxecto e das obras, nin tampouco sobre canto durarán as mesmas.

Área de tratamento primario
Finalmente reclamei ao Goberno que concretara o financiamento deste proxecto, cuxo custo total segundo as últimas estimacións chegará aos 66 millóns de euros, e pedin unha vez máis explicacións sobre a falta de cumprimento orzamentario das partidas consignadas nos últimos anos.

Neste sentido, recordei que en 2008 non se executou nin un só euro dos 3,8 millóns orzados, en 2009 quedaron sen executar 7 millóns, e en 2010 tan só gastáronse 10.763 € dos 4,7 millóns orzados. En total, en tres anos quedaron sen gastar 15 millóns de euros orzados e que estaba por ver en 2011 canto se executaría dos 4 millóns de consignados. Pedinlle que asegurara a financiación dos fondos FEDER.

Pozo de gruesos
O Sr. Puxeu deu explicacions e concretou que a intención do Goberno era que a Declaración de Impacto Ambiental e a licitación do proxecto se levaran a cabo este ano, unha resposta que considerei absolutamente insuficiente pois non precisaba cando terá lugar a licitación das obras e cando rematarán.

No turno de réplica, pedin ao Secretario de Estado que aceleraran os trámites deste proxecto da EDAR de Ourense, que pola demora que acumula, é unha expresión clara da falta de xestión do Executivo socialista, que ten a responsabilidade exclusiva de impulsar esta depuradora, ao estar cualificada como de “interese xeral”.

Área de tratamento terciario
Con satisfacción lembro que o 19 de abril de 2013 o Consello de Ministros presidido por Rajoy aprobou un Acordo polo que se declaraba a urxente ocupación dos terreos, bens e dereitos afectados de expropiación forzosa para a realización das obras da estación depuradora de augas residuales (EDAR) de Ourense, obras declaradas de interese xeral do Estado.
Na referencia do Consello de Ministros, dicíase que en 1999 subscribiuse un Protocolo xeral de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente, a Xunta de Galicia e a Confederación Hidrográfica do Norte para desenvolver determinadas obras hidráulicas en Galicia, entre elas as relativas a mellóra do saneamiento de Ourense, todas xa terminadas ou en execución, salvo a relativas á estación depuradora. 

Na Sala de control centralizada
En 2009 o Ministerio e a Xunta asinaron un Protocolo no que se fixaba o marco xeral de colaboración en ejecución do Plan Nacional de Calidade das Augas: Saneamiento e Depuración 2007-2015, en cuxo anexo inclúese a actuación "EDAR Ourense". En 2011 o Ministerio aprobou o Anteproxecto da depuradora EDAR, e en 2012 subscribiuse o convenio para a construción e explotación da actuación "Mellora do Saneamento de Ourense: EDAR de Ourense". 

Unha urxente ocupación dos terreos determinada pola necesidade de executar esas obras xa que, unha vez construídas, permitirán depurar as augas residuales de Ourense e tamén dar cumprimento a unha sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Ourense pola cal debe demolerse a actual planta depuradora que serve á cidade. A valoración global de expropiacións e indemnizacións supera os dous millóns de euros.  

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=702914
http://www.laregion.es/noticia/144503/depuradora/tiene/fecha/inicio/

http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_201102G24P8993&idSeccion=9D499C8D0A80B1980007D8BB1AB0D78E

En todo caso, vendo o resultado de hoxe, damos por bo o longo proceso percorrido e felicito a todos os que apoiaron estas obras desde fai xa máis de catorce anos, incluídos os responsables do partido socialista.

 E por suposto a gran empresa ourensá COPASA que acreditou nesta obra o seu bo facer en UTE con Degremont, S.A , S.A.U e Passavant España.

Parabéns tamén a Sociedade Mercantil Estatal "Aguas de las Cuencas de España S.A." (ACUAES) que ten como finalidade e razón de ser a construción e xestión de infraestruturas hidráulicas, entre outras esta na conca do Miño-Sil.




http://www.acuaes.com/actuacion/mejora-del-saneamiento-de-ourense-edar-de-ourense

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.