viernes, 14 de julio de 2017

Na celebración do Día de Galicia, en Madrid

Asisto onte na Casa de Galicia á celebración dos actos do Día de Galicia, en Madrid, coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a presidenta do Congreso, Ana Pastor; o director da Real Academia Española, Darío Villanueva; e o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría.
Na súa intervención, o vicepresidente da Xunta felicitou ao director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, pola gran labor que están facendo na capital de España como centro que reúne todo tipo de actividades.
Ademais, eloxiou especialmente a iniciativa de realizar un recoñecemento público a destacadas personalidades relacionadas cos ámbitos cultural, económico e social, e cunha traxectoria profesional e persoal vinculada á nosa Comunidade. Nese sentido, destacou o papel de todos aqueles que apostan por sumar nas súas comunidades, desde o respecto e a colaboración, unha actitude que define aos emigrantes galegos, que sempre apostaron pola integración nos seus países e comunidades de acollida sen deixar de recordar e defender as súas orixes.

Alfonso Rueda con Jaime de Olano e Irene Garrido

Nesta ocasión recibiron distincións:
• Irene Garrido Valenzuela. Secretaria de Estado de Economía e Apoio á Empresa.
• Juan José Laborda Martín. Ex presidente do Senado.
• Roberta Lajous Vargas. Embaixadora de México en España.
• Lucía Méndez Prada. Periodista.
• Lara Méndez López. Alcaldesa de Lugo
• Jaime Eduardo de Olano Vela. Deputado por Lugo
• José Luís Rodríguez García. Presidente e director xeral Nova Economía Fórum
• Mª José Sánchez-Andrade Fernández. Avogada do Estado. Secretaria xeral do Tribunal Económico Administrativo Central.
• Antonio Vázquez Guillén. Avogado. Ex deputado


Tamén onte coñecimos que os galardoados deste ano coa Medalla de Ouro de Galicia son Miguel Ángel Blanco Garrido, Isabel Castelo D´Ortega, Aníbal Cavaco Silva e José Manuel Romay Beccaría. Así o acordou o Consello da Xunta na súa reunión presidida por Alberto Núñez Feijóo.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta