jueves, 13 de julio de 2017

No faladoiro de Radio Voz

Interveño hoxe na tertulia de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal, e na que participaron tamén Ricardo García Mira e Breogán Riobóo.

Falamos en primeiro lugar da  Comisión de Investigación do financiamento do PP que está a celebrar comparecencias de persoas que foron tesoureiros.
Dixen que GPP votou a favor da creación desta Comisión, tras un acordo con Cidadáns, porque non temos nada que ocultar e as contas do PP son públicas e coñecidas pero que a realidade está a demostrar que os Grupos non queren saber a verdade, xa que o seu único obxectivo é danar por todos os medios ao Partido Popular para sacar proveito político.
Parece unha causa xeral contra o PP por motivos estritamente  electorais e pretende - en balde - afectar as resolucións xudiciais e incidir sobre o labor dos tribunais.
E falei que hoxe mesmo na Comisión de investigación das finanzas dos partidos no Senado, os partidos Podemos, PSOE e Cidadáns que no Congreso son tan esixentes abandonan na cámara alta a Comisión. Unha clara mostra de hipocresía.
Logo falamos dunha información publicada esta semana polo Ministerio de Facenda e Función Pública, no sentido de que en xaneiro había en Galicia 148.143 persoas en persoal das distintas Administracións públicas. Son dous mil menos que os que se rexistraban un ano antes e case 11.000 respecto ao pico do 2010, antes de que se limitase por decreto a reposición de persoal.
Unha información que pon de manifesto que o recorte  afecta principalmente os concellos superior ao 5 % en só un ano. E en menor proporción tamén se produciu unha diminución no persoal da Administración central en Galicia, 340 menos que doce meses antes.
Respecto diso dixen que desa información despréndese tamén que a Xunta que dirixe Alberto Núñez Feijóo, creou emprego público.
Así o número de empregados públicos da Xunta de Galicia situouse en 87.262 efectivos a data 1 de xaneiro de 2017, o que supón un incremento de 763 traballadores na Administración autonómica respecto ao 1 de xaneiro de 2016. Este aumento de empregados públicos na Xunta produciuse nos eidos da sanidade, a educación e a xustiza.
En concreto, a cifra de efectivos públicos no eido sanitario aumentou ata os 34.568 traballadores, fronte aos 34.057 efectivos contabilizados a 1 de xaneiro de 2016. Isto supón un incremento de 511 traballadores na sanidade pública galega no último ano, a meirande parte deles persoal sanitario.
No eido da docencia non universitaria, o número empregados públicos da Xunta medrou tamén ata os 34.024 efectivos, o que representa un aumento de 61 traballadores en comparación con xaneiro do ano pasado.
En canto ao ámbito das consellerías e da xustiza, o número de efectivos a 1 de xaneiro de 2017 sitúase en 15.902 e 2.768 efectivos, respectivamente. No primeiro caso supón un descenso de 42 efectivos sobre o 1 de xaneiro de 2016, mentres que na xustiza o cadro de persoal aumentou en 233 persoas no último ano.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta