lunes, 5 de junio de 2017

Solidariedade co pobo e as autoridades británicas na loita contra o terrorismo

Asisto esta mañá as doce horas a un acto  dun minuto de silencio que os funcionarios,  persoal da Administración Períférica do Estado e cidadáns de Ourense gardarmos na porta da Subdelegación do Goberno, en repulsa polo atentado perpetrado o sábado  á noite na cidade de Londres.
Compartimos a dor dos familiares das vítimas falecidas nestes covardes ataques e expresamos os nosos máis vivos desexos dunha pronta recuperación dos feridos.

Transmitimos ao pobo e as autoridades británicas nosa  total solidariedade e apoio na loita contra o terrorismo.

Como mostra da dor, as bandeiras do edificio da Subdelegación ondearán a media asta dende as 09:00 horas do día de hoxe  ata as 09:00 horas do día 7 de xuño.