Os trens turísticos de Galicia incorporan dúas novas rutas esta temporada fomentando un turismo sustentable

Hoxe paseando pola cidade de Ourense, vin nunha parada un autobús urbano que levaba publicidade dos trens turísticos de Galicia.

Lín ahora na web da Xunta que estamos nesta edición, nun programa impulsado impulsada por Turismo de Galicia, Inorde Ourense e Renfe, que incorporará este ano dúas novas rutas. En total ofreceranse 11 itinerarios que percorrerán boa parte da xeografía galega durante os meses de xuño a outubro coa intención de fomentar un turismo de calidade e sustentable.

A nova oferta chega con dúas novidades, a ‘Ruta Ourense termal e de compras’, que combina o turismo polo casco histórico da cidade das Burgas, as Termas de Outariz e tempo libre para realizar compras opcionais pola cidade; e a ‘Ruta Descubrindo A Coruña’, na que os viaxeiros poderán descubrir a cidade camiñando polo paseo marítimo e percorrendo as súas rúas.

Once itinerarios:

A estes dous itinerarios súmanse a ‘Ruta dos Faros’, que percorre un dos grandes atractivos da costa galega e que este ano inclúe visita ao Faro de Estaca de Bares e o de Illa Pancha; a ‘Ruta dos pazos e xardíns históricos’, que recorre desde Santiago ata Vigo para visitar o Castelo de Soutomaior ou o Pazo de Quiñones de León; a ‘Ruta da Lamprea’, que inclúe unha visita ao museo da lamprea ou á fortaleza de Salvaterra ou ‘Ruta Lugo Romano’, que permite visitar o casco histórico de Lugo e unha visita ao Balneario de Lugo.

Como cada ano, os trens turísticos de Galicia, tamén inclúen as cinco rutas que percorren as Denominacións de Orixe dos nosos viños coa Ruta do Viño Ribeira Sacra, a das Rías Baixas, a de Monterrei, a do Ribeiro-Rías Baixas, a de Valdeorras-Ribeira Sacra.

Ata o mes de outubro:

En total a edición deste ano conta con 11 itinerarios, con 56 saídas regulares, que se desenvolverán dende o 10 de xuño ata o 28 de outubro. Todo, cunha ampla oferta para recorrer as catro provincias galegas en rutas dun día na que se inclúen desprazamentos en autobús e visitas guiadas.


Estes trens turísticos –que se reforzan este ano tamén cunha nova imaxe potenciando o papel da costa como elemento senlleiro de Galicia- estanse a consolidar como un dos produtos turísticos máis exitosos do verán galego, e que este ano tamén se estenderán ao mes de outubro. O ano pasado a ocupación media superou o 80% de xuño a setembro, recibindo viaxeiros de 19 nacionalidades diferentes.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

 

Con la tecnología de Blogger.