viernes, 16 de junio de 2017

Novo paso adiante no proxecto de "Conexión entre as estradas N-120 e N-536. Tramo: Sobradelo-O Barco de Valdeorras"

Publica hoxe o BOE o Anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia de información pública e convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polo Proxecto de Construción da "Conexión entre as estradas N-120 e N-536. Tramo: Sobradelo-O Barco de Valdeorras.". Termos Municipais de O Barco de Valdeorras e Carballeda de Valdeorras. Provincia de Ourense.Clave: 23-OR-4970.

Indica este anuncio que por Resolución da Dirección Xeral de Estradas de data 23 de novembro de 2016 apróbase o Proxecto da obra arriba indicada e ordénase a esta Demarcación a incoación do expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados polas obras de execución do proxecto aprobado.

É de aplicación a Lei 37/2015, do 29 de setembro de Estradas. A tramitación do correspondente expediente expropiatorio hase de axustar, por tanto, á vixente Lei de Expropiación Forzosa, do 16 de decembro de 1954 e concordantes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

En consecuencia a  Demarcación, facendo uso das facultades que lle outorga en artigo 98 da Lei de Expropiación Forzosa e atendendo ao sinalado na citada lexislación de Expropiación Forzosa, resuleve convocar aos propietarios que figuran na relación que estará exposta nos taboleiros de anuncios dos Concellos do Barco de Valdeorras e Carballeda deValdeorras, así como no da Demarcación de Estradas, e na Unidade de Estradas do Estado enOurense  para que asistan ao levantamento das Actas Previas á ocupación no lugar, día e hora que  se indica.



Esta actuación permite a circunvalación de O Barco de Valdeorras.

A lonxitude do tramo é de 5,6 km e o orzamento estimado para a execución das obras de 63,64 millóns de euros.

O obxecto do proxecto é definir a conexión entre as estradas N-536 e N-120 nas proximidades do Barco de Valdeorras, servindo como variante de poboación para evitar, por unha banda, o frecuente paso dos camións con lousa das canteiras próximas e resto de vehículos a través do núcleo urbano e, por outro, para mellorar as comunicacións de toda a comarca de Valdeorras.

No tramo proxéctanse dous nós:

O primeiro, no punto quilométrico (p.k.) 3,450 da traza que é coincidente co quilómetro 45 da actual N-536. É unha intersección en T dotada de carrís centrais de espera e cambio de velocidade.

O segundo, ao final do tramo, como unha nova ligazón con glorieta superior, que serve de conexión entre a nova variante e a N-120 situándose próximo ao existente do quilómetro. Esta nova ligazón foi deseñado e previsto para aloxar o paso da sección da futura autovía A-76: Ponferrada-Ourense; ademais dará acceso á estrada OU-622 e viarias ao nucleo do Barco.

Ao longo do trazado proxectáronse un total de 10 estruturas: 5 viadutos, 4 pasos superiores e 1 paso inferior, onde destaca o viaduto sobre o rio Sil de 461 m de lonxitude, que tambien debe salvar o ferrocarril e a estrada OU-0801 de Entoma.

A continuación do viaduto sobre o rio Sil en sentido noroeste, contémplase a construción dun túnel de 490 m de lonxitude baixo o monte de Ou Serro.

O proxecto inclúe todas as medidas de integracion ambiental e protección do patrimonio cultural, asi como un paseo peonil e ciclista segregado ao longo da N-536.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta