Hoxe cúmprense 40 anos das primeiras eleccións da restauración democrática

Hoxe celebramos unha data histórica. Cúmprense corenta anos desde aquel 15 de xuño de 1977 no que se celebraron as primeiras eleccións democráticas nas que os españois puideron expresarse en liberdade e elixir os seus representantes.

E eu - cos meus dezanove anos - acudín ás urnas coa esperanza e a ilusión de participar nun proceso electoral descoñecido durante décadas no noso país. Todo elo nun momento de enormes cambios sociais e económicos. Grandes problemas como o terrorismo de ETA, unha moi dura crise económica, e un longo etc., ameazaban a nosa Nación.

Votei con moito convencemento á Unión de Centro Democrático, que lideraba un gran político, Adolfo Suárez cun programa centrado e que quería evitar o antagonismo entre forzas políticas que ademais terían que coincidir posteriormente na elaboración dunha nova Constitución. 

Tratábase de fuxir do continuísmo e de evitar a ruptura e a maioría eliximos o camiño da reforma e da concordia. 

Os españois decidiron co seu voto que esas eleccións gañáseas a UCD que obtivo o respaldo de 6.310.391 votantes (34,44%) e conseguiu 165 escanos. En segundo lugar o PSOE do tamén gran político Felipe González que logrou atraer o voto de 5.371.866 votantes (29,32 %) e logrou 118 escanos.



Naquela data Ourense contaba cunha poboación de 435.210 habitantes e un censo electoral de 315.033 persoas.

Exerceron o dereito ao voto un total de 163.961 ourensáns (o 52,05%) e abstivéronse 151.072 ( o 47,95 %) sen dúbida unha cifra moi elevada, tendo en conta que a media nacional foi do 21,17 %.

A repartición dos 160.491 votos emitidos a favor das candidaturas ao Congreso dos Deputados foi o seguinte:

- 99.440 (61,73 %) á UCD e obtivo catro escanos: Pío Cabanillas Gallas, Eulogio Gómez Franqueira, José Antonio Trillo Torre e  Estanislao Reverter Sequeiros.


- 21.502 (13,35 %) a AP e obtivo 1 escano: Miguel Riestra Paris

- 21.079 (13,09 %) ao PSOE



No Senado acadaron acta Luís González Seara (Unión de Centro Democrático) 94.855 votos, José Rodríguez Reza (Unión de Centro Democrático) 90.136 votos, José Quiroga Suárez (Unión de Centro Democrático) 89.250 votos e Celso Montero Rodríguez (Agrupación de Electores Independientes) 26.925 votos.

Na páxina 47 desta ligazón pódense ver os resultados de Ourense: 

http://www.juntaelectoralcentral.es/cs/jec/documentos/GENERALES_19.
77_Resultados.pdf

Hoxe os españois podemos estar orgullosos do que todos xuntos conseguimos nestes 40 anos da nosa democracia.

A foto de Santiago e Adolfo Suarez feita na sesión constituitiva da Lexislatura constituinte -  que acompaño e que forma parte do arquivo fotográfico do Congreso - amosa o espíritu de concordía e superación de diferenzas que vivimos naqueles tempos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.