Fronte a oposición extrema do PSOE o PP vai a responder coa moderación

Onte concluíu en Madrid o Congreso do Partido Socialista Obreiro Español no que resultou elixido Pedro Sánchez como secretario xeral. Nada teño que dicir sobre os seus procedementos internos de elección, pero se expreso a miña preocupación polas declaracións que onte mesmo traladou o  dirixente electo do PSOE.

Neste sentido comparto as palabras de vicesecretario de Comunicación do Partido Popular, Pablo Casado, que dixo que "tras a celebración do Congreso socialista este fin de semana e a elección de Pedro Sánchez como líder, o PSOE deixounos todo o centro, e nós, como partido moderado e centrista, imos responder ás demandas dese electorado. Non queremos nin hostilidade, nin sectarismo, nin división".

Engadiu que " o PP vai rebater ao PSOE. Hai un líder na oposición, que pensamos que mantén unha oposición extrema, e nós imos responder coa moderación" engadiu

" Vimos este fin de semana un PSOE fracturado, con máis voto en branco que nunca; un partido radicalizado que tomou a senda do Partido Socialista francés: radicalizarse, elixir o líder máis extremista e, probablemente, páselles o mesmo, perder moitos apoios do votante de esquerdas moderado", sinalou

Casado subliñou que o líder do PSOE "non é novo", supón un  "regreso ao pasado", e "é o que pbtivo os peores resultados do PSOE".

Ademais, o dirixente popular mostrou a súa preocupación pola situación en Cataluña e "a contemporización de Pedro Sánchez co independentismo catalán". "Gustábanos máis o Pedro Sánchez que chamaba a Rajoy para propoñer e para apoiar ao Goberno na resposta ao secesionismo catalán, que o que agora fala de plurinacionalidade" ,engadiu.

Con todo, o vicesecretario de Comunicación explicou que desde o PP "imos seguir pedindo ao PSOE que nos axude a afrontar o desafío secesionista en Cataluña".

O vicesecretario de Comunicación lembrou tamén que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, ofertou a Puigdemont que acudise ás Cortes Xerais a expor a súa proposta de ruptura, e o presidente da Generalitat respondeu que non quería ir.

O dirixente popular sinalou que, con todo, " agora Puigdemont retractouse, pero quere vir dar unha sorte de conferencia". Casado convidou o dirixente   separatista a que presente unha Proposición de Lei na sede da Soberanía nacional, como fixo Ibarretxe, para poder así debatela e votala.

O vicesecretario de Comunicación sinalou que "non nos sorprende que esta fuxida cara a adiante continúe por parte do separatismo catalán. Foron perdendo apoios e a razón e, agora, esperamos que non teñan como cómplice ao PSOE, porque no Congreso socialista vimos demasiadas bandeiras preconstitucionales e poucas bandeiras de España". "Tería que escoitar máis á señor Guerra e menos a Puigdemont",engadiu.

"Esperamos que Sánchez tome o modelo moderado da socialdemocracia europea e que non se converta no partido socialista francés, que xa sabemos os resultados que cultivou", insistiu.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.