Ourense celebra con solemnidade o Corpus

Este domingo Ourense celebrou como marca a tradición o Corpus. 

Asistín primeiro á santa misa na Catedral presidida polo bispo e ao finalizar á procesión que percorreu a rúa Santo Domingo para dirixirse cara ao Parque de San Lázaro, e retornar polo Paseo ata a parada da Praza Maior e, finalmente, volver á Catedral.

Moitos fieis ourensáns foron seguiron o percorrido, no  que desfilaron seis estandartes, cinco pendóns, a custodia, os sacerdotes co bispo D. Leonardo Lemos Montanet no centro, o palio, e a representación política e representantes das forzas de seguridade, á cabeza.

Seguidamente, marchaba  a Corporación municipal con Jorge Pumar como portador do estandarte do Concello, seguido polo alcalde, Jesús Vázquez, e varios concelleiros que portaban a medalla da Corporación.

A banda de música da Brilat e o público devoto pecharon esta procesión ata a Praza Maior, onde houbo un baile  a cargo de Queixume dos Piñeiros e unhas ofrendas florais dos nenos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.