Esta mañá visitei a Feira do Libro de Ourense que no seu trixésimo terceira edición, volveu á céntrica rúa do Paseo. Esta vez baixo o lema "A ledicia de ler".
Alí están instaladas, ata o domingo un total de 14 casetas de librerías -catro máis que o pasado ano- que expoñen unha ampla variedade de libros: novela, poesía, arte, cómic, contos, literatura fantástica, ensaio, etc.
Despois de facer un percorrido pola feira, na caseta da librería "Padre Feijóo" tiven oportunidade de saudar ao meu amigo Paco López-Barxas, que estaba a asinar o seu último libro, titulado "Confieso que he leído" e que logo comprei coa correspondente dedicatoria do autor.
Esta libro, como di no prólogo César Antonio Molina, é "un libro de libros" sobre o que o ourensán Paco López Barxas escribiu ao longo de 35 anos. A inmensa, maioría dos textos foron escritos durante a súa estancia en Madrid entre 1971 e 1991.
Trátase dunha atractiva selección de lecturas recomendada por un gran lector que exerceu durante moitos anos como crítico cultural e literario en xornais e revistas.
Así que xa teño lectura interesante para os próximos días.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta