Visita ao Congreso da Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións

Visitou hoxe o Congreso dos Deputados a Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións, conxuntamente coa representación do Colexio Oficial e Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (COGITT). Á fronte o seu presidente o ourensán José Manuel Martínez Pérez.

Atenderon a invitación realizada pola Presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor e na súa compañía e doutros deputados galegos visitaron as dependencias da Cámara Baixa, e recibiron información sobre o funcionamento do poder lexislativo.

Tivemos os parlamentarios a oportunidade de coñecer as áreas de traballo, as inquietudes dos profesionais das telecomunicacións e a problemática deste importante sector dentro dos campos da innovación e das novas tecnoloxías.

E tamén oportunidade de falar das conclusións do  I Congreso Internacional de Drons, que se celebróu a fináis de marzo con grán exito en Expourense e que foi organizado por eles. 

Achego esta ligazón á web desta eficaz Asociación.

http://www.aggett.es/


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.