miércoles, 17 de mayo de 2017

Rajoy: " A estratexia do Goberno fronte á corrupción pasa por previla, perseguila, descubrila e castigala

Como todos os mércores tivemos hoxe no Pleno do Congreso dos Deputados a sesión de control ao Goberno que seguín desde o meu escano

Comezou coas preguntas ao presidente do Goberno Mariano Rajoy.

En resposta a unha pregunta do socialista Antonio Hernando, o xefe do Executivo reiterou a súa "plena confianza" no ministro de Xustiza, no fiscal xeral do Estado e, tamén, no fiscal anticorrupción.

Rajoy tamén sinalou que a estratexia do Goberno fronte á corrupción "persegue catro obxectivos": previla e mellorar os controis, perseguila, descubrila e castigala. Agregou que, nesta batalla, "aínda que nunca é suficiente, estamos a mellorar tanto no control como no coñecemento público da mesma".

Despois de destacar "a infinidade de leis" que se aprobaron "para mellorar a loita contra a corrupción", o presidente do Goberno defendeu "a presunción de inocencia" fronte a "ese concepto que xa se está xeneralizando chamado presunción de culpabilidade".

Eliminar os aforamentos:

O líder de Cidadáns, Albert Rivera, referiuse á eliminación dos aforamentos, un dos puntos incluídos no pacto de investidura.

Tras lembrar que os aforamientos están recoñecidos no artigo 71 da Constitución Española, Mariano Rajoy apuntou que, actualmente, as persoas aforadas en España son 2.000 cargos públicos e electos, 15.000 xuíces e fiscais e 263.000 membros das forzas armadas e dos corpos de seguridade do Estado (estes últimos, cun aforamiento parcial).

En opinión do presidente do Goberno, este non é un asunto "menor", polo que require "un acordo amplo", que "teña o maior número de apoios posibles". Por iso, "propóñolle que fagamos un debate sobre este asunto, estudemos o tema e xa con coñecemento de causa traiámolo aquí para aprobar no seu día", engadiu.

Medidas da UE contra o terrorismo:

Gabriel Rufián, de ERC, preguntou polas longas esperas que se viven no aeroporto do Prat tras aumentar os controis en fronteira. O presidente Rajoy aclarou que esta é "unha medida adoptada pola Unión Europea na loita contra o terrorismo", unha decisión "razoable" e "loable", sobre todo despois dos "desgraciados atentados" de Reino Unido, Bélxica, Francia e Alemaña.

O presidente do Goberno tamén sinalou que a mesma situación está a vivirse en moitos aeroportos europeos, aínda que "estamos todos coordinados" e "tomando medidas para que as molestias sexan mínimas".

Finalmente, recomendou ao deputado Rufián que a súa preocupación pola situación no aeroporto do Prat a estenda aos problemas que se dan no Metro de Barcelona, competencia da Generalitat de Cataluña.