jueves, 18 de mayo de 2017

Convalidado o Real Decreto Lei da Estiba

Hoxe pola mañá foi validado o Real Decreto-Lei que modifica o réxime dos estibadores, aprobado o pasado venres en Consello de Ministros. A tramitación non se realizará como Proxecto de Lei polo procedemento de urxencia. 

O debate sobre a convalidación ou derrogación do Real Decreto-Lei que modifica o réxime dos estibadores para dar cumprimento á sentenza ditada en 2014 polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que condenaba a España polo réxime da estiba, tivo lugar nun segundo Pleno celebrado ao terminar as votacións dos asuntos debatidos o mércores e o xoves. 

O texto lexislativo elaborado polo Executivo, tras o rexeitamento da Cámara ao primeiro real decreto-lei presentado para modificar a regulación deste sector, establece a liberdade de contratación de traballadores portuarios para a prestación do servizo de manipulación de mercadorías e as medida necesarias para asegurar o respecto á liberdade recollida no artigo 49 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

O Real Decreto aprobado o 13 de maio establece un réxime transitorio de tres anos "para facilitar a transición ordenada ao novo sistema", explica o Executivo, "facilitando que os traballadores das SAGEP conserven os seus dereitos laborais preexistentes no novo escenario de liberdade competitiva. A tal fin, asegúrase o pleno respaldo financeiro da Administración portuaria ás operacións precisas para a nova configuración do sector. 

O Real Decreto-Lei foi defendido polo Goberno e debatido cos grupos parlamentarios, en quendas de 12 minutos en contra e a favor da convalidación e un máximo de sete minutos para que o resto dos grupos fixar posición, nun Pleno convocado ao termo do previsto inicialmente para esta semana.