Unha interesante publicación do INE: "España en cifras 2017"

Leo esta mañá dominical unha recente publicación do INE, titulada "España en Cifras 2017" que se caracteriza polo seu carácter divulgativo e o seu estilo directo e sinxelo para explicar e expoñer os fenómenos sociais, económicos e demográficos que suceden no noso país. 

As súas breves explicacións acompañadas de táboas, representacións gráficas ou mapas que complementan e simplifican a información, achegan unha visión xeral sobre o noso país e a súa situación na contorna europea.

Os datos recolleitos proveñen tanto do Instituto Nacional de Estatística (INE) como doutras fontes oficiais, nacionais e internacionais. 

Podemos atopar información sobre :Territorio e medio ambiente, poboación . educación e cultura, saúde, condicións de vida, mercado laboral, contas nacionais, sector exterior, finanzas, empresas, tecnoloxía, agricultura, gandería e pesca , enerxía, industria,  construción e vivenda, comercio, servizos, urismo, transporte, seguridade e xustiza e e os principais indicadores provinciais

Merece a pena lelo ben papel ou na internet para lembrar e actualizar moitos datos que xa tiñamos esquecidos.


http://www.ine.es/ss/Satellite?L=0&c=INEPublicacion_C&cid=1259924856416&p=1254735110672&pagename=ProductosYServicios%2FPYSLayout&param1=PYSDetalleGratuitas

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta





Con la tecnología de Blogger.