Montoro presenta uns orzamentos para impulsar a recuperación económica, consolidar o noso crecemento e a creación de emprego e fortalecer o gasto social

Comezou esta tarde no Congreso dos Deputados o debate do ditame do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2017.

O primeiro en intervir foi o ministro de Facenda e Función Pública, Cristóbal Montoro, que anunciou que  España vai ter uns orzamentos novos para este ano 2017, adecuados ao escenario económico que estamos a vivir, e iso vainos a permitir impulsar a recuperación económica, consolidar o noso crecemento e a creación de emprego e fortalecer o gasto social. 

Dixo que o "Goberno manifestou desde o primeiro día a súa disposición para dialogar coas distintas forzas políticas para que estes orzamentos fosen unha realidade, porque eramos moi conscientes de que unha lexislatura destas características non se podía poñer en marcha dando signos de debilidade. Iso é o que ocorrería se non sacásemos adiante no seu día os obxectivos de estabilidade, o teito de gasto, e hoxe no trámite que iniciamos esta tarde os orzamentos do Estado". 

Dixo que "cando teñamos a ocasión de votar o ditame deste proxecto de lei, imos poder facelo con 176 disputados, 176 deputados que representan a toda España, que representan a todas as comunidades autónomas de España e que representan a sete partidos diferentes. Conversamos, negociamos, convencéronnos e convencemos a representantes de distintos grupos políticos e tamén de diferentes Gobernos autonómicos, que é precisamente o que queriamos e o que nos propuxemos desde o primeiro día. É o triunfo da política con sentido institucional fronte a outro tipo de políticas, a política do ruído. É o triunfo do interese xeral fronte á mera confrontación sen interese."

Montoro agradeceu a todos estes grupos a "súa profunda implicación nestas semanas de negociación, así como a súa xenerosidade política para que España teña presupostos e que o conxunto dos españois sigan beneficiándose dunhas políticas que xeran e distribúen riqueza, que crean emprego e que consolidan e fortalecen o gasto social de maneira inclusiva e sustentable". 

Resaltou que "cada acordo alcanzado cos partidos que van votar a súa aprobación é xusto e transparente; tanto as achegas que fixeron ao acordo os dous partidos de ámbito nacional, Partido Popular e Cidadáns, como os que fixeron os partidos de ámbito autonómico, todos eles contribúen ao interese xeral. Reto a calquera a atopar algunha mancha que ensombrezca este pacto múltiple pola estabilidade orzamentaria e pola estabilidade política, porque estou seguro de que non a van a atopar. Só hai achegas xustas e leais, que melloraron o proxecto do Goberno para facelo merecedor da confianza desta Cámara."

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.