miércoles, 17 de mayo de 2017

No Día das Letras Galegas

Hoxe é festa en Galicia, é o Día das Letras Galegas  e os que estamos en Madrid sumámonos a a esta celebración que a Real Academia Galega solemnizará en Xinzo de Limia nunha sesión extraordinaria  dedicada ao escritor homenaxeado Carlos Casares Mouriño, que naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941.

http://academia.gal/letras-actual


Autoridades presentes, señoras e señores, reproduzo aquí as palabras pronunciadas esta mañá o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en Xinzo de Limia:

"Aínda que dunha maneira distinta ao Balbino de Neira Vilas, Carlos Casares foi tamén un neno labrego. Sempre de a cabalo entre a vila e a aldea, a súa primeira paisaxe, xeográfica e tamén humana, está definida polas terras de Xinzo, de Beiro, Lamas ou Sabucedo.
Este é o seu Macondo, pero un Macondo galego e real poboado por xentes que sementaron nel o amor polo relato.
Sentiu dende neno que o noso era . Esas palabras facían Galicia inmortal, e brotaban espontaneamente de persoas que, ás veces sen sabelo, sumaban primaveras ás logradas por Cunqueiro.

Carlos Casares foi un labrego das palabras. Recollíaas e sementábaas. A súa creación, tan fecunda, e a súa capacidade para chegar a todos os públicos, partía dese segredo.
Devolvía ao lector contos e palabras escoitados, e logo elaborados no seu inesgotable maxín. Seguramente poucas veces estivo tan próxima a cultura oral da literaria.
Casares non cedeu nunca diante da soberbia intelectual que leva a alongarse do popular para achegarse a un suposto Olimpo. O Olimpo literario ao que aspirou durante toda a súa vida estaba en lugares coma este, non rodeado de deuses, senón de compatriotas.

O falar e o escribir fundíanse na súa personalidade. Era un escritor que conversaba e un conversador que escribía.
Lembran os amigos que, durante as veladas compartidas, as palabras máxicas que abrían o tesouro da conversa eran: . El contaba e recontaba, creando unha atmosfera que trasladaba a todos aos tempos en que o conto se escoitaba nas lareiras, nos adros ou eiras, cun respecto case que relixioso.

Aprendeu aquí, e tamén no cenáculo ourensán de Vicente Risco, e na pequena ágora compostelá de Ramón Piñeiro, e nas tertulias con Torrente Ballester, un arte que poderiamos chamar socrático, baseado no diálogo e na tolerancia.
Forma con eles e con moitos outros galeguistas unha pacífica para erguer a nova Galicia, non sobre dogmas, senón sobre palabras, afectos e acordos. Foi Carlos Casares un escritor comprometido. O seu compromiso non se establece con ideas que dividen, senón con ideas que unen.

Ese espírito que impregna a súa vida trasládao ao seu pensamento sobre a lingua. , dirá nunha conferencia.
El mesmo engadirá con ese humor tan seu, que contribuiría a aumentar o fermoso idiomático casando cunha muller, Kristina Berg, que traía consigo a alongada cultura sueca. Sentímola aquí connosco. Amou o seu home e amou fondamente Galicia, a , como ela diría.
A partir desa premisa, Carlos Casares emprende un traballo que ten gabado axeitadamente o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes: a conquista de novos lectores para o galego.

Non escatimou xenio, tempo, nin esforzos. Dicía Julio Cortázar que o peor que lle pode ocorrer a un escritor é que o convertan en monumento. Estamos na praza de Carlos Casares, pero o noso escritor non é soamente unha praza ou un monumento.
A que reivindicaba Valentín Paz Andrade, adquire en Carlos Casares a súa máxima expresión. Narrativa, literatura infantil, traducións ao galego, ensaios, guías, artigos periodísticos. E sobre todo esas conversas que quedaron gardadas na mente e no corazón dos que o coñeceron.

Foi Casares un home optimista, e tamén o será en relación coa nosa lingua. Era o seu un optimismo da vontade e da intelixencia, que alertaba das consecuencias para o idioma dos cambios tecnolóxicos mal asimilados.
Adoitaba lembrar que a bifurcación en Galicia entre unha cultura oral e outra escrita, que se expresaron en diferentes linguas, arrinca coa implantación da imprenta. .

A era dixital equivale ao impacto do invento de Gutenberg, pero hoxe Galicia está provista de ferramentas que entón non tiña.

Hai institucións que velan pola lingua, lexislacións que a protexen, iniciativas que a fan presente en todos os ámbitos da vida, presenza activa no mundo poliédrico que chamamos xenericamente comunicación, e sobre todo unha consideración social sen precedentes que abrangue a todas as idades e ideas.
A teima de Carlos Casares por ver no galego que non emprega a lingua propia de Galicia, non un inimigo que cómpre combater, senón un irmán que cómpre convencer, inspira o traballo inacabado da normalización.

Falabamos do compromiso de Casares, plasmado nunha obra literaria fecunda, pero tamén está o compromiso da súa participación como lexislador no primeiro Parlamento da historia democrática de Galicia.
Alí tendeu pontes que, entre outras cousas, fixeron posible unha Lei de normalización lingüística que tiña, e ten, como principal valor facer patente que a lingua galega é de todos e para todos. Nela cristalizou o galeguismo cordial e transversal. Con ela púxose a pedra angular da nosa convivencia.

Entendo que esa unidade esencial do noso pobo débelle moito á lingua. A lingua é un punto de encontro, unha herdanza, un código compartido e o instrumento para interpretar o mundo de acordo co que somos.
Somos un país diverso no que hai acordos e conflitos como en todas as sociedades modernas, pero onde sempre nos podemos agrupar ao redor de palabras comúns.
Así o veu aquel mozo chamado Carlos Casares que en 1963, no mesmo ano en que botou a andar o Día das Letras Galegas, invocou en Fonseca a Rosalía de Castro.

Håkan Casares, o seu fillo, lembraba que aquí, en Xinzo, o seu pai foi verdadeiramente feliz. Esa felicidade que lle deron as terras da Limia está presente en toda a súa obra e transmítese ao seus lectores.
O Carlos Casares conversador, viaxeiro, colleiteiro de anécdotas, amigo dos trens, como todo bo galego, segue presente entre nós. Podemos seguirlle preguntando . El contestará coa súa obra.
Estamos na , onde non hai nin . Un país de palabras.


Moitas grazas."