Sobre a información pública do Plan de Transporte Público de Galicia

Quero amosar nesta entrada o meu apoio ao Plan de Transporte Público de Galicia que suporá que os autobuses que percorrían algo máis de medio millón de quilómetros ao ano e cos novos contratos, nas zonas de implantación desta primeira fase, incrementen o seu percorrido en case a tripla, para chegar a 1,2 millóns de km.

Hose mesmo a conselleira de Infraestruturas e Vivenda Ethel Vázquez destacaba en rolda de prensa que esta integración ten, “ademais, unha serie de vantaxes como que os escolares terán blindada a atención das súas necesidades e o servizo mellorará grazas a figura do acompañante”. O resto da poboación, subliñou, tamén desfrutará de distintas melloras, posto que o Plan contempla moitas máis paradas nas que coller o autobús. A primeira fase deste plan permitirá por exemplo que o 90% de ourensáns terán unha parada de autobús a menos de 500 metros do seu fogar, ao integrarse nas liñas de uso xeral un total de 293 rutas escolares, o 58% do total.

A responsable de infraestruturas do Goberno galego remarcou que, no eido empresarial, tamén contarán con melloras, “xa que terán uns ingresos mínimos garantidos sen necesidade de que nin Administración nin os usuarios teñan que gastar máis”. Esta mellora tamén pode resumirse noutras cifras representativas como que: os contratos de uso xeral actualmente vixentes, supoñían que os autobuses percorrían algo máis de medio millón de quilómetros ao ano e cos novos contratos, nas zonas de implantación desta primeira fase do Plan de Transporte Público incrementa este número máis que duplicando, para chegar a 1,2 millóns de km.

Onte comezou a información pública deses 42 novos contratos, 15 en Ourense, que están colgados na nosa páxina web para que nos vindeiros 10 días; para que calquera persoa poida presentar as achegas que consideren oportunas e as empresas de transporte poidan mostrar o seu interese por ser as prestatarias do servizo. Os anteproxectos dos contratos de explotación poden consultarse na web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda: http://civ.xunta.gal/tema/c/CIV_Transporte_de_viaxeiros e os interesados poden presentar alegacións durante dez días.

Vázquez Mourelle aclarou que “unha vez rematado este proceso estudaremos as alegacións para, ao longo do mes de xuño, aprobar os proxectos definitivos e iniciar a súa contratación de cara a que en agosto se comece a implantación dos novos servizos”.

Sinalar que cos novos contratos duplicaranse o número de paradas de autobús xeral e 1,7 millóns de persoas terán unha parada a menos de 500 metros da súa casa. A conselleira concretou que, grazas á integración de 500 liñas de transporte escolar no transporte regular, pasarase de 2.100 a 4.500 paradas de autobús de transporte regular

Características dos novos contratos

Nestes anteproxectos cómpre definir as liñas, rutas, horarios e paradas ás que estará obrigado o contratista para cada zona territorial de Galicia concreta. Defínense aí os transportes escolares que se integrarán no transporte xeral, priorizando a prestación do adecuado servizo aos centros escolares. Isto empezará a ser efectivo co inicio do curso e estableceranse sistemas para que funcione fóra do período lectivo mediante unha reserva do servizo.

Tamén se especifican o número de vehículos necesarios para levar a cabo a concesión, establecendo unha media de 13 autobuses por contrato para adecualos á realidade do sector, moi atomizado con pequenas e medianas empresas de transportes. Deste xeito, resultará doado que case calquera empresa, en solitario ou en UTE con outra, teña capacidade para optar a eles.

Os anteproxectos recollen tamén as tarifas base que se resumen nun prezo por billete de transporte escolar que pagará a Administración directamente ao transportista e un prezo por billete para usuario non escolar que pode ser, en función dos km, e unha tarifa única para toda Galicia de 1,40 euros para os viaxeiros de curto percorrido.

Estes contratos terán unha duración de 22 meses, prorrogables por outros dous en caso de ser necesarios e neles anticipar solucións e fórmulas para avaliar o seu funcionamento e, en decembro de 2019, poñer en marcha a reordenación integral do transporte público en Galicia.

Aproveitar sinerxías

O espírito do Plan é que o transporte chegue ata onde non chegaba, aproveitando as sinerxías; mellorar servizos e coordinar horarios entre autobuses e coas necesidades veciñais; e ter unha especial consideración cos veciños do rural.

Estes contratos inician o necesario proceso de modernización e optimización do transporte público iniciando, nalgúns lugares, un aproveitamento dos asentos baleiros dos autobuses escolares e que xa, nesta primeira fase, configurará unha mellora palpable en moitos concellos de Galicia, especialmente no rural.

Os obxectivos deste Plan son garantir os servizos; racionalizar a oferta, de forma que no lugar e no momento en que estea acreditado que fai falta, haxa o tipo de vehículo necesario para prestar o servizo de transporte público; e aproveitar as sinerxías, especialmente as que ofrece o transporte escolar  no rural. 

Traballo exhaustivo e participado

A conselleira explicou que no marco desta primeira fase, a Xunta dividiu o territorio en seis zonas e adxudicou seis contratos a consultoras especialistas na materia que realizaron un exhaustivo análise da realidade do transporte público en cada municipio, tomando nota das demandas e das carencias.

Configurouse tamén un panel de expertos en transportes, que veñen realizando un labor de coordinación dos diferentes estudos de xeito que en ningún momento se perda a perspectiva global. Ademais mantivéronse reunións con todos os concellos e enviáronselle 279 enquisas, con169 respondidas.

Con todo o material resultante desa análise a Xunta planificou a mellor forma de manter os servizos públicos de transporte e mellorándoos en todo o posible. O resultado desa planificación son os proxectos de explotación, mediante contratos, das liñas de transporte público que hoxe inician o seu proceso de información pública.

Ethel Vázquez puxo o acento no nivel de exhaustividade deste traballo de estudo e planificación concentrado en tan curto período de tempo.


Precisou que para avaliar estes anteproxectos foi preciso achegarse a practicamente 200 concellos para analizar o transporte que hai na actualidade, o que se necesita e o mellor xeito de atender esas necesidades, tendo en conta factores tan dispares como o día de feira, de subministro do sintrom no centro de saúde ou a ubicación do concello.

Garantía de postos de traballo no sector:

Engadir que a Xunta asegura que "un dos obxectivos do novo Plan de Transporte Público de Galicia é garantir os postos de traballo no sector".

Neste sentido a consellería de Infraestruturas e Vivenda dixo que "volverá convocar os representantes dos traballadores para dar resposta ás súas preocupacións sobre o proceso. E que a Xunta cumprirá escrupulosamente en materia de subrogación de traballadores no momento en que se liciten os contratos."

Destacaou a Conselleira que "a obriga de incorporar un acompañante a todas as rutas que integren o transporte escolar e o regular eleva a seguridade por riba dos estándares legais e aumentará os postos de traballo no sector".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.