miércoles, 31 de mayo de 2017

Aprobado polo Pleno do Congreso o ditame do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2017

O Pleno aprobou esta tarde o ditame do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2017, ao que se incorporaron unhas 42 emendas que se engaden ao centenar xa aprobadas en Comisión. 

Rematado o debate en declaracións aos medios de comunicación nos corredores do Congreso dos Deputados, Mariano Rajoy afirmou que "é unha boa noticia que España poida ter Orzamentos Xerais do Estado" e subliñou que foi posible grazas ao acordo entre sete forzas políticas.

O xefe do Executivo vinculou a aprobación das contas públicas e a mellora da situación económica: "Está a crecerse, está a crearse emprego e este Orzamento vai servir para seguir creando emprego -500.000 postos de traballo este ano-, que é o obxectivo principal". 

Rajoy tamén apuntou que, como consecuencia do aumento das asignacións ás comunidades autónomas recollido nos Orzamentos, vai incrementarse o gasto en sanidade e en educación.

"Estamos satisfeitos e seguiremos traballando, pero creo que hoxe España dá unha boa mensaxe de estabilidade, de confianza e de credibilidade nas institucións, a todos os axentes económicos e sociais, e tamén fóra de España", concluíu o presidente.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta