miércoles, 10 de mayo de 2017

Rajoy apunta á necesidade de seguir coas reformas que requieren necesariamente pactos

Onte tivo lugar a clausúra da Asemblea Anual de Socios do Instituto da Empresa Familiar, na que interveu o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que defendeu a necesidade de proseguir coa axenda reformista en ámbitos como as políticas activas de emprego, a competitividade das empresas e a dixitalización da economía e da Administración.

Rajoy lembrou que en abril de 2012, cando levaba só uns meses á fronte do Goberno, sinalou nese mesmo foro que o único camiño posible era o da austeridade, os sacrificios e as reformas, xa que a economía española atravesaba a crise máis grave do últimos sesenta anos.

Naquela época, nas súas comparecencias ante os medios de comunicación, o primeiro que lle preguntaban, dixo, era cando ía solicitar o rescate. "Non pasou moito tempo -indicou -, pero pasaron moitas cousas, que tivemos que facer entre todos para sacar a España da lea ata recuperar a senda dos equilibrios e do crecemento sostido e estable". Alcanzar ese obxectivo, apuntou, foi sido posible grazas ao esforzo dos empresarios e dos traballadores e a unha política de reformas estruturais e consolidación fiscal.

A situación actual constitúe, a xuízo do xefe do Executivo, "un xiro de cento oitenta graos", xa que hoxe España crece e crea emprego "cun modelo de crecemento máis equilibrado e sustentable, no que o sector exterior e a nosa competitividade desempeñan un papel crave". Rajoy resaltou que, entre as grandes economías da zona euro, a española é a que máis está a crecer. Este ritmo permitiralle recuperar o nivel de PIB previo á crise durante o primeiro semestre deste ano.

Ademais, subliñou que ese crecemento tradúcese nunha "intensa creación de emprego": nos dous últimos anos a economía española ha xerado o 25% do total de emprego da zona euro e o 40% do emprego novo e contribuíu á redución do 50% do desemprego. Esa tendencia positiva, agregou, mantense no comezo de 2017, como reflicten a última Enquisa de Poboación Activa e os datos de afiliación á Seguridade Social do mes de abril.

Rajoy atribuíu estes datos á maior competitividade da economía española, que xa exporta un terzo do Produto Interior Bruto, porcentaxe superior ao de competidores como Italia, Francia e Reino Unido. O dinamismo das exportaciones posibilitóu, ademais, conseguir un saldo exterior positivo no últimos catro anos.

"E todo isto - asegurou  Rajoy- fíxose mantendo uns altos niveis de protección social". Máis de catorce millóns de persoas, apuntou , reciben cada mes en España algún tipo de prestación ou subsidio, sen incluír as bolsas de estudo. "Grazas a estes esforzos por manter un alto grao de cohesión social, foi posible transitar, sen graves conflitos sociais, desde as fases máis duras da crise á actual senda de recuperación", manifestou.

Rajoy defendeu que "se se mantén esa dirección da política económica, será posible seguir avanzando no crecemento e a creación de emprego, á cabeza de Europa".

A previsión do Executivo, lembrou, é que a economía creza un 2,7% este ano e unha media do 2,5% ata 2020 e que a taxa de paro baixe uns dous puntos ao ano ata rozar o 11% a finais de 2020. Ademais, o déficit público situarase por baixo do 3% en 2018 e o saldo da balanza por conta corrente será positivo durante catro anos máis. No conxunto da Unión Europea, dixo, tamén haberá polo menos tres anos consecutivos de crecemento.

Manter a evolución da economía española, afirmou, require continuar coa consolidación fiscal, continuar coas reformas estruturais e manter as que xa se levaron a cabo. "Dar marcha atrás en todas as decisións que se adoptaron sería unha mensaxe pésima",opinou.

En canto á estabilidade orzamentaria, recalcou que o seu Executivo reduciu o gasto público todos os anos e que o obxectivo de déficit do 3,1% para 2017 poderá alcanzarse "sen necesidade de medidas de axuste adicionais". Ademais, resaltou a importancia de sacar adiante nas Cortes os Orzamentos Xerais do Estado. "Aprobalos -dixo- é un exercicio de responsabilidade por parte de todos".

Respecto das reformas estruturais necesarias, Rajoy referiuse en primeiro lugar ás medidas dirixidas á creación de emprego e a que este sexa "máis inclusivo e de máis calidade". O Executivo traballará, en mellorar o funcionamento das políticas activas de emprego e a formación, con especial atención aos mozos e aos parados de longa duración, así como á formación dixital, a profesional e a dual. Ademais, o Goberno fará "canto estea nas súas mans" para alcanzar o Pacto pola Educación, obxecto dun relatorio aberto no Congreso dos Deputados.

Rajoy avogou, en segundo lugar, por medidas no ámbito dos mercados de bens e servizos que incrementen a competitividade da economía -enerxía, infraestruturas, axenda dixital e sector financeiro- e por eliminar trabas e cargas sobre as empresas, no marco da Lei de Garantía da Unidade de Mercado.

Outras reformas que o Goberno considera relevantes, engadiu, son as dirixidas a apoiar a iniciativa emprendedora e o desenvolvemento empresarial, a promover a dixitalización da economía e a continuar modernizando a Administración Pública. "Hai que simplificar e mellorar os procesos de contratación, hai que avanzar -e estámolo facendo- na dixitalización da Administración e hai que mellorar os procesos de produción normativa", detallou.

A innovación e a investigación, a loita contra o cambio climático, o reto demográfico e o financiamento autonómico son outros eixos fundamentais da axenda reformista, expresou o xefe do Executivo.

Poñer en marcha estas iniciativas require pactalas, xa que o partido que goberna ten 137 deputados, puntualizou Rajoy: "Algunhas reformas poderemos facer a pouco que haxa un certo sentido por parte de todos os que nos sentamos no Congreso dos Deputados".

Sinalar tamén as palabras do presidente do IEF, Ignacio Osborne, quen reivindicou  o papel protagonista da empresa familiar no desenvolvemento económico español dos últimos 25 anos. "Se miramos cara a 1992, cando naceu o Instituto da Empresa Familiar "que celebra este ano un cuarto de século de existencia- podemos dicir que temos un tecido produtivo máis sólido e un país mellor, máis desenvolvido e máis xusto", sinalou.

"O PIB per cápita, que era entón de menos de 10.000 euros, é agora de 24.000 euros, igualando, por certo, o máximo histórico de 2008, ao comezo da crise; España ten cinco millóns máis de ocupados que naquelas datas; somos unha democracia consolidada, e parte nuclear da Unión Europea", lembrou Osborne, a modo de resumo.

"Creo poder dicir, sen medo a resultar presuntuoso, que o Instituto da Empresa Familiar, e os empresarios familiares no seu conxunto, tivemos, xunto con outras institucións públicas e privadas, un papel determinante no desenvolvemento económico español dos últimos 25 anos".


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta