Na Asemblea Xeral da Asociación Nacional de Empresarios Fabricantes de Áridos

Asisto esta mañá como presidente da Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados ao acto inaugural da Asemblea Xeral da Asociación Nacional de Empresarios Fabricantes de Áridos (ANEFA) que reuniu  aos empresarios do sector para conmemorar tamén o seu 40 Aniversario.

Creada en 1977, é unha das Asociacións máis antigas e reputadas das industrias extractivas e de produtos de construción de España. Agrupa a máis de 400 explotacións activas e está integrada por máis de 250 Empresas repartidas por todo o territorio nacional, enmarcadas en ANEFA directamente como Empresas membro activo ou ben a través das Asociacións membro. 

Abriu o acto o presidente de ANEFA Ramón Ruberte Auré que puxo en valor a este importante sector e a asociación que representa. Lembrou os problemas que dez anos de crises económicas causaron nas súas empresas e tamén que afortunadamente comeza un crecemento que invita ao optimismo. Pedíu un maior investimento das administracións públicas.

Na miña intervención felicitei ao ANEFA pola súa traxectoria de 40 anos e ofrecinlles a nosa dispoñibilidade no Congreso para escoitar os seus problemas e demandas. E ao tempo estar pendentes das leis que lles afectan como a de Contratos do Sector Público ou a Lei de Orzamentos Xerais do Estado. Fixen recoñecemento nas pymes na recuperación económica de España.

Neste acto tamén interveu Miguel Barrachina, portavoz de Fomento do GPP e Carlos Floriano, portavoz adxunto do GPP que transmitiron a proximidade ao sector.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.