Frontal oposición do PP á enmenda de En Marea que pretende deixar sen orzamentos ao proxecto de Autovía A-76

Novamente En Marea volve as andadas, presentando unha enmeda aos PGE para 2017 coa que pretende retirar as asignacións previstas para tres partidas da  A-76 nas provincias de Ourense e Lugo. Suman en total 5.533.630 €. Iniciativa que xa recibiu inmediatas críticas como recolle hoxe o diario "La Región".

Argumentan que o Proxecto de construción desta autovia " foi deseñado sean a necesaria participación da sociedade civil o que deriva en que non atende as necesidades reais dos núcleos de poboación da zona e un forte impacto ambiental das obras de execución e da propia infraestrutura que pasará por tres espazos naturais (Serra da Enciña da Lastra, Monte Furado e Ribeira Sacra)" e aducen outros motivos como que "é unha aposta pouco razoable dada o enorme investimento que requirirá"

Rexeito completamente esta argumentación e anuncio que desde o GPP promoveremos un frontal rexeitamento de esta enmenda que pretende adiar e mesmo impedir que saia adiante este Proxecto.

Pensabamos que En Marea-Podemos no repetiría o posicionamento expresado o pasado 13 de abril de 2016 na Comisión de Fomento cando foi a única oposición a unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular na que se ratificaba o compromiso da Cámara Baixa coa "necesidade de continuar impulsando as actuacións necesarias para que se faga realidade o proxecto de autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada".

Naquela votación, a iniciativa obtivo o respaldo dos 31 deputados de PP, PSOE e Cidadáns, abstivéronse 4 (ERC, DL, Compromís e PNV) e votaron en contra os 8 deputados de En Marea-Podemos.

Lembro unha vez máis que esta vía, cunha lonxitude total de 125 quilómetros e que ten un orzamento estimado de 1.110 millóns de €, é prioritaria para a vertebración dos territorios. O proxecto da autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada é de gran importancia para a mellora das comunicacións entre Castela-León e Galicia, sendo hoxe a primeira prioridade avanzar no tramo entre Valdeorras e O Bierzo

Esta nova vía de alta capacidade, que superou os necesarios trámites ambientais, supoñerá un importante avance desde o punto de vista funcional nas condicións existentes de comunicación no corredor da estrada nacional N-120, e mellorará tanto as distancias do percorrido, como os tempos de desprazamento e as condicións de comodidade e seguridade para os usuarios da vía e a súa contorna.

Pare incrible que se pretenda eliminar do Proxecto de Lei de PXE 2017 a consignación de 4.825.660 € para o tramo A Veiga de Cascallá-O Barco, de  8,4 km de lonxitude, eliminar para o tramo Requejo-A Veiga de Cascallá, de 10,7 km, a cantidade de 307.970 € y eliminar 400.000 € da partida para o tramo da Circunvalación de Monforte de Lemos.

En Marea-Podemos con esta enmenda está indo en contra dos intereses xerais de todos os ourensáns, lucenses e bercianos, que expresaron en multitude de ocasións por medio dos seus alcaldes e representantes políticos o seu apoio decidido a esta autovía, do mesmo xeito que o solicitaron con reiteración empresarios, traballadores, transportistas e un longo etc.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.