Asisto esta tarde no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” o acto inaugural da terceira edición da “Ourense ICC Week".
A Semana das Industrias Culturais e Creativas, organizada pola Deputación de Ourense, contou neste acto co presidente Manuel Baltar; a directora de Contidos no Laboratorio de Aprendizaxe Social e Emocional, Elsa Punset; e o xornalista, director de cine e guionista, Javier Rioyo.
O presidente da Deputación destacou que estes días a nosa provincia “será o punto de encontro da vangarda creativa para emprendedores, artistas e entidades, que converten ao noso territorio no marco perfecto para o pensamento, o intercambio de experiencias e a reflexión sobre as novas tendencias no ámbito da creatividade”
Desde 2015, celébrase en Ourense a ICC
Week (a Semana das Industrias Culturais e Creativas), como un acontecemento
transversal a todas as manifestacións do sector: o labor é reunir a algúns dos
axentes, propostas e ferramentas máis innovadoras do ámbito Audiovisual,
(Cinema e Tv), a Industria Músical, Radio, Novas Tendencias Tecnolóxicas, Apps,
Vídeo- xogos e sectores onde a creatividade é un activo e esencial.
Durante seis días, unha sucesión de
speedmeetings, relatorios, charlas, entrevistas, showcases e unha gran
variedade de actividades vertebran unha reflexión colectiva acerca dun dos
sectores crave deste século, e ofrecen, no marco incomparable da provincia de
Ourense, un espazo único para o intercambio de ideas e experiencias, o
co-working e a posibilidade de conectar ideas, medios e novos mercados.
A Semana das Industrias Culturais e
Creativas en Ourense, é un foro nado en 2015. A presente edición 2017
celebrarase, en diferentes cidades e vilas da provincia entre os días 2 e 7 de
maio.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta