Máis seguridade na estrada OU-105, ao seu paso por Seixalvo

Coñecemos hoxe unha boa nova na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia, por medio do director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, quen anunciou que a Xunta realizará obras de mellora na estrada OU-105, ao seu paso por Seixalvo, en Ourense, coa fin de incrementar a seguridade viaria nesta zona.

Menéndez explicou que xa se adxudicou o contrato para a redacción do proxecto construtivo desta actuación, coa previsión de que esta redactado neste mesmo verán.

As actuacións levaranse a cabo nunha primeira fase no treito comprendido entre os Pq. 1+050 e 2, rematadas as vivendas.

Os traballos consistirán na reordenación do tráfico mediante a mellora dos accesos a Seixalvo na intersección coa rúa da Igrexa e unha nova glorieta no camiño de Zaín. Tamén se levarán a cabo a articulación de carrís centrais de espera para permitir os xiros á esquerda con máis seguridade, a dotación de prazas de aparcamento e instalacións semafóricas asociadas aos pasos peonís.

No proxecto tamén se contempla a mellora da mobilidade peonil mediante a creación dun novo paso de peóns e a adecuación das paradas de buses. Executaranse novos tramos de beirarrúas e nas xa existentes realizaranse actuacións de mantemento e de mellora da accesibilidade

Nunha segunda fase prevese a remodelación da intersección co acceso ao tanatorio, e neste mesmo ano 2017 redactarase o proxecto.

Celebro este anuncio pois é unha auténtica necesidade incrementar á seguridade vial nesta localidade de Seixalvo.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.