EPA I T de 2017: Nos 12 últimos meses, en España o paro diminuíu en 536.400 persoas (- 11,19%)

Difunde hoxe o INE a Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao primeiro trimestre de 2017.

Segundo estes datos, en España, o  número de ocupados descendeu en 69.800 persoas no primeiro trimestre de 2017 respecto ao trimestre anterior (un -0,38%) e sitúase en 18.438.300. En termos desestacionalizados a variación trimestral é do 0,70%.

O emprego creceu en 408.700 persoas nos 12 últimos meses. A taxa anual é do 2,27%.

- A ocupación no sector público descende este trimestre en 12.300 e no sector privado  en 57.600. Nos 12 últimos meses o emprego aumentou en 453.100 persoas no sector privado e reduciuse en 44.400 no público.

 - O total de asalariados baixa este trimestre en 44.600. Os que teñen contrato indefinido aumentan en 78.000, mentres que os que teñen contrato temporal diminúen en 122.600. En variación anual, o número de asalariados aumenta en 405.600 (o emprego indefinido incrementouse en 195.600 persoas e o temporal en 210.100). O número de traballadores por conta propia baixa en 23.800 este trimestre, mentres que nos 12 últimos meses creceu en 1.100.

 - A ocupación aumenta este trimestre na Agricultura (31.000 máis) e na Construción (2.100) e descende nos Servizos (94.700 menos) e na Industria (8.200). No último ano o emprego subiu en todos os sectores: nos Servizos hai 199.000 ocupados máis, na Industria 89.500, na Agricultura 70.400 e na Construción 49.800.

- En Andalucía o número de ocupados aumenta en 63.100 este trimestre. Os maiores descensos de emprego prodúcense en Comunitat Valenciana (-29.300), Illes Balears (-22.100) e Canarias (-16.600). No último ano os maiores aumentos de ocupación obsérvanse en Andalucía (94.100), Cataluña (70.400) e Comunitat Valenciana (51.700). O maior descenso anual da ocupación (- 6.100) dáse en Estremadura.

 - O número de parados sobe este trimestre en 17.200 persoas (0,41%) e sitúase en 4.255.000. En termos desestacionalizados a variación trimestral é do ?3,02%. Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 536.400 persoas (- 11,19%).

 - A taxa de paro sitúase no 18,75%, o que supón 12 centésimas máis que no trimestre anterior. No último ano esta taxa descendeu en 2,25 puntos.

- Por comunidades, as maiores baixadas do paro este trimestre danse en Andalucía (47.900 parados menos) e Comunidad de Madrid (15.000). Os maiores incrementos obsérvanse en Cataluña (18.200), Illes Balears (16.700) e Galicia (12.900). En termos anuais, o descenso do paro é xeral. As maiores reducións prodúcense en Andalucía (116.800 parados menos), Comunidad de Madrid (95.300) e Cataluña (83.300).

 - O número de activos descende este trimestre en 52.600, ata 22.693.300. - A taxa de actividade baixa 17 centésimas e sitúase no 58,78%. No último ano a poboación activa diminuíu en 127.700 persoas.

GALICIA

Os datos do INE acreditan que Galicia conta no primeiro trimestre de 2017 con 217.100 parados (10.800 menos que hai un ano, un 4,7% menos). Con respecto ao trimestre anterior o número de parados aumenta nun 6,3 % (+12.900) e  o número de ocupados diminúe un 1,5%.

A taxa de paro sitúase nun 17,36 %, preto dun punto inferior, baixando nas catro provincias (Son 9 décimas menos: 18,24% no 1º trimestre 2016) e continúa sendo inferior á de España en 1,39 puntos. (Galicia 17,36 %/ España 18,75%).

O que supón que levamos 12 trimestres consecutivos baixando o número de desempregados. O nivel máis baixo dos últimos 6 anos (TI2011: 225.300/TI2017: 217.100).

O maior descenso no número de parados rexístrase no grupo de 16 a 24 anos, baixa un 22 %, 5.900 menos.

Cifras que ratifican a tendencia que xa amosaron os datos do paro no mes de marzo, cun descenso interanual do desemprego do -9,38 %, confiando en que neste mes de abril continúe a descender o desemprego en Galicia.

Os ocupados continúan crecendo en 12.500 persoas, o que supón un incremento de preto do 1,2%.

Superan o millón, 1.033.600 ocupados, o que supón contar con 28.000 ocupados máis que hai 4 anos (TI2013:1.005.600).

Acumulamos xa 9 trimestres consecutivos con taxa positiva. (Con variación interanual positiva).

Medran os ocupados a tempo completo (0,77%) e entre a poboación máis nova e nos maiores de 45.

A ocupación crece no sector primario (14,4%), na industria (4,3%) e nos servizos (0,4%).

Os activos sitúanse en 1.250.700 persoas. Galicia rexistra por primeira vez nos últimos 5 anos un aumento da poboación activa nun 1º trimestre. A taxa de actividade aumenta lixeiramente ata o 53,28 % (Sube 0,2 puntos).

Baixan os fogares con todos os membros activos en paro- 7,86% (6.300 fogares menos).

Crecen os fogares con todos os membros activos ocupados 1,68%(9.200 fogares máis).

OURENSE

Os datos do INE acreditan que Ourense conta no primeiro trimestre de 2017 con 107.200 ocupados (5.000 máis que hai un ano) e  27.400 parados (500 máis que hai un ano).

Con respecto ao trimestre anterior o número de parados aumenta en 1.700 persoas e o número de ocupados diminúe en 800 persoas, 

A taxa de paro sitúase nun 20,36 % cuarenta e sete décimas menos que hai un ano.


A taxa de actividade sitúase no 48,91 %, 2,39 puntos máis que hai un ano, e medio punto máis que no trimestre anterior.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.