miércoles, 8 de marzo de 2017

Rajoy: "Este 8 de marzo do ano 2017 é o 8 de marzo da historia no que hai máis mulleres traballando no noso país"

Hoxe celebrouse a habitual sesión de control ao Goberno no Congreso dos Deputados.

Joan Tardà, deputado de Esquerra Republicana de Catalunya, preguntou pola igualdade entre homes e mulleres na España actual.

Mariano Rajoy comezou a súa intervención condenando "da maneira máis enérxica e rotunda a violencia exercida contra as mulleres", xa que é "o expoñente máis cruel da falta de igualdade". 

O presidente do Goberno asegurou que, en España, para acabar coa brecha de xénero "están a darse pasos na boa dirección". Na súa opinión, as leis "son boas", aínda que o obxectivo agora é "eliminar as barreiras de feito".

Respecto diso, subliñou un dato: "Este 8 de marzo do ano 2017 é o 8 de marzo da historia no que hai máis mulleres traballando no noso país". Segundo apuntou, esta é "unha gran noticia" e, aínda que "queda moito por facer", debe animarnos "a perseverar no que fixemos conxuntamente nos últimos tempos".

A xuízo do presidente do Executivo, os datos demostran que "se está avanzando". 

Por exemplo, hai un ano o desemprego feminino crecía ao 9,64%; agora, baixa o 8,79% ao ano. Tamén se está achegando a taxa de actividade entre homes e mulleres: no ano 1987, a diferenza entre os primeiros e as segundas era de 36 puntos; en 2017, reduciuse a 11. E o mesmo ocorre coa brecha salarial: entre os anos 2009 e 2014 diminuíu  en tres puntos a diferenza entre o que cobran os homes e o que perciben as mulleres.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta