jueves, 23 de marzo de 2017

O Sistema público conta hoxe con 9.474.556 pensións contributivas

Hoxe coñecemos que a nómina mensual das pensións contributivas da Seguridade Social alcanzou os 8.684,5 millóns de euros o pasado 1 de marzo. O incremento interanual sitúase no 3,04%.

A pensión media de xubilación ascende a 1.058,64 euros, o que representa un aumento do 2,05% respecto ao ano pasado. 

En canto á pensión media do Sistema, que comprende as distintas clases (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), é de 916,61 euros, o que supón un aumento interanual do 1,93%.

En síntese, o conxunto do Sistema público conta hoxe con 9.474.556 pensións contributivas, un 1,10% máis respecto ao ano pasado.

Máis da metade, 5.792.969 concretamente, son por Xubilación; 2.357.691 corresponden a Viuvez;  943.476 a Incapacidade Permanente; 340.101 a Orfandade e 40.319 a favor de Familiares.

O número de pensións en Galicia situouse en marzo en 756.897: 470.059 son prestacións por xubilación; 69.515 de incapacidade permanente; 187.214 de viuvez ; 23.969 de orfandade ; e 6.140 a favor de familiares.

En Ourense hai 108.839 pensións contributivas. De Incapacidade permanente 10.339. de Xubilación 68.486; de Viuvez 25.982; de Orfandade 2.834 e  en Favor de familiares 1.198.

En canto á pensión media do Sistema, ascende a 666,51 euros, o que supón un aumento interanual do 1,93%.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta