Evitar o desperdicio da auga e reducir e reutilizar ata un 80% da auga que malgastamos

Hoxe celébrase o Día Mundial da Auga que foi declarado pola Asemblea Xeral da ONU en recoñecemento a que a auga é o dos bens máis preciosos que temos e que para o noso país, ademais, é un ben escaso polas súas características climáticas peculiares e cunha distribución irregular nas precipitacións.

Informa Nacións Unidas na súa web que na actualidade máis de 663 millóns de persoas viven sen subministración de auga potable preto de casa, o que lles obriga a pasar horas facendo cola ou trasladándose a fontes afastadas, así como a facer fronte a problemas de saúde debido ao consumo de auga contaminada.

E destaca que este ano," concentrámonos no desperdicio da auga e en como reducir e reutilizar ata unha 80% da auga que malgastamos nas nosas casas, cidades, industrias e agricultura e que flúe de volta á natureza, contaminando o medio ambiente e perdendo nutrientes valiosos.

Necesitamos aumentar a recolección e tratamento das augas residuais e reciclalas dunha forma segura. Ao mesmo tempo, necesitamos reducir a cantidade de auga que contaminamos e malgastamos para axudar a protexer o medio ambiente e os recursos hídricos".

E destaca que mundialmente, máis do 80% das augas residuais que xeramos volve aos ecosistemas sen ser tratada nin reciclada. 1800 millóns de persoas usan unha fonte de auga contaminada por material fecal, poñéndoas en risco de contraer o cólera, a disentería, o tifus ou a polio. A auga non potable, e unhas pobres infraestruturas sanitarias, así como a falta de hixiene, causa ao redor de 842 000 mortes ao ano.

E conclúe a ONU que "as oportunidades de explotar as augas residuais como un recurso son enormes. A auga tratada dunha forma segura é unha fonte sustentable e alcanzable de auga e enerxía, así como para obter nutrientes e outros materiais recuperables"

A ministra de Medio Ambiente, Isabel García Tejerina lembrou que "Por este motivo, e para nós especialmente, é imprescindible fixar unha política de auga rigorosa e ben planificada, que responda as nosas necesidades de consumo, coa máxima calidade e sustentabilidade ambiental".

Neste sentido, mostrou "especialmente orgullosa" polos logros alcanzado en materia hídrica desde 2012, "cando España carecía dunha política de auga, porque se abandonou". A ministra fixo fincapé en que, tras moito esforzo, "fomos capaces de superar o atraso acumulado anteriormente fronte aos nosos socios europeos en materia de planificación hidrolóxica, aprobando e poñendo en marcha en só cinco anos os plans de primeiro e segundo ciclo, que marcaron un antes e un despois na xestión da auga en España, a todos os niveis, pero moi especialmente en materia de protección ambiental".

Puxo en valor que nestes plans hidrolóxicos aprobados na última lexislatura fixaron por primeira vez os caudais ecolóxicos dos nosos ríos (nos plans de primeiro ciclo), incrementándoos nos do segundo ciclo. 

O Día Mundial da auga celébrase este ano baixo o lema "Augas residuais: Por que desperdiciar". A ministra lembrou que en todo o mundo 660 millóns de persoas non teñen acceso a fontes de auga potable mellorada e calcúlase que o 80 % das augas residuais vértese aos ríos sen depurar.

García Tejerina explicou que "España fixo un gran esforzo na materia, porque dentro da aposta pola calidade das augas non podiamos deixar de lado a depuración", e destacou a posta en marcha do Plan CRECE que executa o Ministerio para mellorar a calidade das augas que chegan aos nosos ríos con investimentos de máis de 1.000 millóns de euros en medidas específicas para a depuración, tanto para novas instalacións como en substitución de infraestruturas obsoletas.

"Estamos a realizar un gran esforzo, con estas infraestruturas de interese xeral, que queremos completar nesta Lexislatura, para mellorar tamén a calidade das augas no final do ciclo urbano", apuntou.

A ministra concluíu poñendo en valor a experiencia española nesta materia, "na que somos un país de vangarda tecnolóxica, un elemento crave da estratexia española de cooperación internacional, porque a protección das augas non só é unha cuestión nacional e de Estado, que o é, senón unha obrigación que toda a humanidade ten contraída co medio ambiente, a nivel global".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.