Na presentación do libro “Claves de una campaña única”

Asisto onte pola tarde no Liceo recreo ourensán ao acto  de presentación do libro “Claves de una campaña única”, da que é autor Eladio Jardón (Baltar, 1985)

Un evento que contou coa presenza do editor, José Luis Teófilo (Teófilo Comunicación) e do presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar.





Nesta publicación, Jardón fai unha análise das campañas electorais poñendo o foco nas eleccións municipais de 2015, ás que Manuel Baltar concorreu como candidato á presidencia da Deputación de Ourense. 

Unha obra que, ademais, conta coa colaboración de Vicente Fox, ex presidente de México; Juan Verde, presidente da Fundación Advanced Leadership; e Jorge León, director da Escola de formación política de Ecuador, entre outros.

O editor José Luis Teófilo, desvelou que esta era a súa primeira incursión editoral no mundo da política. O libro, asegurou, “convida a mirar a política dun modo diferente pola paixón, o esforzo e a ilusión que se percibe nunha campaña onde primou a creatividade”.

Dixo Eladio Jardón que “a linguaxe política non é quen de conectar hoxe coa xente, coas súas emocións, as súas necesidades e, en consecuencia, afástase cada vez máis dos seus intereses”. Por iso, engadiu “cando se sitúa ao electorado como o protagonista dun proxecto político e se racha cos esquemas das tradicionais campañas, facendo as cousas dun modo diferente, creativo e innovador e liderando un equipo implicado, atráese a atención do electorado e xérase confianza”.

E subliñóu que nun momento de apatía política que non satisfai á cidadanía, Manuel Baltar “desafiou os vellos manuais de campaña e aplicando a creatividade e a innovación converteu ao electorado no protagonista da súa candidatura”

Falou dunha “campaña única, onde por primeira vez presentábase un candidato á presidencia dunha Deputación e con programa perfectamente definido en canto ás datas do seu desenvolvemento”.

Na súa intervención no acto, Manuel Baltar, quixo subliñar “a importancia que para min ten este libro, pois recolle o orgullo que supuxo a vitoria como candidato nas eleccións de 2015, obter o respaldo maioritario dos ourensáns e representar á miña terra e as súas xentes”. Unha experiencia, engadiu, “merecedora de quedar reflectida nun traballo do que estou moi agradecido ao seu autor e que tamén espero poda servir como exemplo para entender a política doutro xeito, máis aló dun proceso electoral e á simple procura dun trunfo”.

Para Manuel Baltar, “a visión e maila planificación son claves en política”, afirmación que acompañou desvelando os retos que xa se ten marcados para o próximo mandato. Baixo o lema Pasión por Ourense –como seguinte paso ao lema actual Creo en Ourense- o presidente popular anunciou a renovación do seu compromiso coa provincia “presentando o programa electoral "Ourense 72-73", que alude aos 7.273 quilómetros cadrados do noso territorio, fixando actuacións que non só sinalarán mes e ano, senón tamén día e hora de realización.

Agardo con interés a lectura deste interesante libro.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.