Visitando unha Casa de Familia de ARELA en Allariz na que se apoia a infancia e a mocidade

O deputados do Partido Popular no Congreso, Miguel Ángel Viso, Celso Delgado e Ana Belén Vázquez, visitamos hoxe as instalacións da Asociación Arela en Allariz, que leva a cabo iniciativas de apoio á infancia, para coñecer en detalle o traballo que realiza este colectivo.

Estivemos acompañados nesta visita pola directora da Casa de Familia de Allariz, Carmen Celis, e polo director de Arela, Julio Barreiro. Nela procúrase un ambiente acolledor, presidido polo afecto, respecto e normalidade, e no que trátase de integrar aos nenos ou adolescentes na familia. Nestas casa con capacidade para 8 prazas, traballan catro educadores e unha persona de serrvicio.

Conta esta Asociación en Ourense con 62 traballadores e con dúas casas de familia en Allariz e O Barco de Valdeorras. En 2016, os dez centros de intervención educativa xestionados por Arela en Galicia atenderon de xeito directo a 200 nenos e adolescentes e a 185 familias. Ademais, a través do seu programa de sensibilización chegou a máis de 5.600 alumnos, pais e mestres.

Compre destacar o gran labor que que Arela realiza na provincia de Ourense e en toda Galicia no desenvolvemento integral da infancia e a mocidade en risco de exclusión, en situación de desprotección ou que se atopan inmersos nalgún conflito social, fomentando fronte a elo iniciativas de intervención e prevención.

Por elo, consideramos importante apoiar e trasladar ao Congreso iniciativas, entre outras para fomentar a creación de casas de familia para nenos con necesidades especiais, e para fomentar a igualdade de xénero desde a infancia.

Sen dúbida compre unha maior sensibilización da sociedade cara a colectivos tan vulnerables e que precisan do máximo apoio social como son a infancia e a mocidade. 

Con la tecnología de Blogger.