Sobre o vindeiro Pleno do Congreso

O Pleno do Congreso dos Deputados debaterá a próxima semana se inicia a tramitación das proposicións de lei de loita contra a corrupción e modificación da lei do Poder Xudicial, relativa á mellora da xustiza universal e, entre outras cuestións, decidirá a creación dunha comisión de investigación e a composición da Comisión dos Créditos destinados a Gastos Reservados, coñecida como Comisión de Segredos Oficiais.

A sesión comezará o martes, ás 15,00 horas, co debate debate de toma en consideración da proposición de Lei Integral de Loita contra a Corrupción e Protección dos Denunciantes, do Grupo Parlamentario Cidadáns. Despois someterase ao mesmo trámite a a Proposición de Lei Orgánica de modificación da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, relativa á mellora da xustiza universal, do Grupo de Esquerra Republicana.

De superarse este primeiro paso, as Proposicións de Lei continuarán a súa tramitación en relatorio e nas comisións que correspondan na Cámara, nas que se estudará e votará o texto e as emendas ao articulado que se presenten. No caso da reforma da LOPJ, o ditame da Comisión de Xustiza terá que ser elevado a Pleno antes de pasar ao Senado, xa que necesita maioría absoluta, polo seu carácter orgánico.

A continuación, debateranse dúas Proposicións non de Lei. A primeira delas, presentada polo Grupo Parlamentario de Esquerra Republicana, sobre a creación do contrato de potencia estacional e outra, do Grupo Parlamentario Vasco (EAJ-PNV), sobre a aprobación dun Plan de Dereitos Humanos.

Por último, o Pleno debaterá tres mocións consecuencia de interpelacións urxentes. Unha presentada polo Grupo Socialista, sobre as medidas que para corrixir a brecha salarial entre homes e mulleres; outra do Grupo Parlamentario de Esquerra Republicana, sobre a regulación catastral da asignación do valor das construcións rústicas, agrícolas, gandeiras e forestais; e unha última do Grupo Mixto sobre o Corredor Mediterráneo.

Sesión de control, convenios e Comisión de Investigación 

O mércores, ás 09.00 horas, terá lugar a sesión de control ao Goberno, na que deputados de todos os grupos parlamentarios formularán ás Executivo preguntas e interpelacións urxentes. 

Tras a última interpelación, a presidenta do Congreso, Ana Pastor, suspenderá a sesión con motivo da visita ás Cortes Xerais do presidente da República Arxentina, Mauricio Macri. Ao termo desta, o Pleno someterá a debate de totalidade dez convenios internacionais.

O Pleno debaterá tamén o mércores tres solicitudes de creación dunha Comisión de Investigación sobre as responsabilidades derivadas da actuación e xestión das entidades financeiras durante a crise, a proposta os grupos de Unidos Podemos-EC-EM e Mixto; para esclarecer as irregularidades da saída a bolsa de Bankia, a petición de ERC e Mixto; e sobre o proceso de nacionalización e saneamento do grupo financeiro BFA-Bankia, tal e como consta na solicitude do Grupo Socialista.

Segredos oficiais

Por último, elixirase a un deputado de cada grupo parlamentario para que integre a Comisión de control dos créditos destinados a gastos reservados, máis coñecida como Comisión de Segredos Oficiais.

A elección farase por medio dunha votación secreta en urna, por unha maioría cualificada de tres quintos (polo menos 210 votos afirmativos). Por tradición parlamentaria elíxense os portavoces de todos os grupos parlamentarios e un representante do Grupo Mixto. A presidencia da Comisión recae na presidenta da Cámara Baixa.

A finalidade desta Comisión é coñecer e controlar a información clasificada como secreta e o relativo aos fondos reservados dos ministerios que se destinan á defensa e seguridade do Estado. A súa contía fíxase cada ano nos Orzamentos Xerais do Estado.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.