O ministro De la Serna, visitará Galicia cada tres meses para comprobar o estado das obras do AVE, e prevé a súa chegada no terceiro trimestre de 2019

Saliento neste primeiro día do mes de febrero, os resultados da reunión que onte mantiveron en Madrid o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna.
A principal nova foi a da nova data de chegada do AVE a Galicia; o ministro sinalou que os trens en probas circularán a partir do terceiro trimestre de 2019, o que supón un retraso de nove meses sobre o prazo anteriormente comprometido de decembro de 2018.
De la Serna cualificou o AVE a Galicia como un asunto “absolutamente prioritario” para o Goberno e asumiu o compromiso  persoal de viaxar cada tres meses a Galicia para facer un seguimento das obras, comprobar o cumprimento dos prazos e dar explicacións.
Durante a súa comparecencia, despois dun encontro que dá continuidade ao mantido o pasado mes de decembro, Feijóo lembrou que un dos asuntos nos que máis repercutiu a ausencia dun Goberno con plenas capacidades foi nas grandes infraestruturas e máis concretamente no AVE a Galicia, coa paralización de decisións imprescindibles e co estancamento de diversos tramos das obras.
Na web oficial da Xunta, o titular do Goberno galego agradeceu ao Executivo central o rigor e a transparencia coa que está a traballar desde o primeiro momento de tal xeito que os efectos do bloqueo non vaian máis aló do estritamente inevitable. Nesta liña, agradeceu ao ministro Íñigo de la Serna o seu compromiso para desbloquear o antes posible as dificultades que afectan especialmente a cinco tramos do AVE galego.
A xuntanza serviu ademais, segundo explicou o presidente da Xunta, para renovar tres compromisos: acceso de Lugo á alta velocidade ferroviaria; a variante de Taboadela; e a variante de Cerdedo, que sigue vixente na planificación de Fomento, co obxectivo de que a zona de Vigo poda ter unha conectividade en menor tempo con Ourense.
Feijóo afirmou que ambos gobernos seguirán a traballar nos asuntos prioritarios para a Comunidade como a xestión compartida da AP-9 e o cronograma das estacións intermodais.
No tocante ás estacións intermodais, ambos mandatarios acordaron licitar as obras intermodais como proxectos conxuntos, de modo que a Xunta se fará cargo das terminais de autobuses e Fomento das adaptacións ferroviarias. “Vai ser a primeira vez que se estea facendo o AVE e executando todas as estacións intermodais de forma conxunta”, dixo, avanzando o obxectivo da Xunta de iniciar neste 2017 a construción de todas as estacións de autobuses. “E para iso é necesario traballar conxuntamente”, incidiu.
Para elo, Feijóo asegurou que o Executivo galego xa ten convocado a primeira comisión de seguimento para as intermodais de Ourense e Santiago cos seus respectivos concellos, de xeito que se podan seguir marcando datas e culminando etapas. “É moi importante que no mes de febreiro teñamos despexadas as intermodais de Ourense, Santiago e Vigo. E espero que podamos avanzar tamén na de Coruña, se ben aínda non temos unha resposta do Concello”, precisou.
No tocante á xestión da autoestrada do Atlántico, Feijóo valorou que Galicia pase a ter voz nas decisión sobre a AP-9, a través dunha comisión bilateral Goberno central-Comunidade autónoma. Así mesmo explicou que esta servirá para abordar conxuntamente os proxectos de obras que se están a facer na actualidade, así como as que se poden facer no futuro.
Logo de subliñar que a celebración da primeira comisión terá lugar en febreiro, Feijóo confirmou tamén que o ministerio de Fomento asumirá na súa totalidade o custo das bonificacións das peaxes do Morrazo e A Barcala. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
  
Con la tecnología de Blogger.