No primeiro aniversario do Plan Galicia de RENFE

Hoxe cúmprese o primeiro aniversario do Plan Galicia de RENFE, que supuxo a redución de tempos de viaxe entre Galicia e Madrid entre 20 e 30 minutos, tras a posta en funcionamento do tramo de vía de alta velocidade entre Olmedo e Zamora, o 1 de febreiro de 2016.

O Plan Galicia implicou tamén un incremento do 100% no número de frecuencias diarias entre a comunidade galega e Madrid. 

Os servizos ferroviarios que conectan Galicia e a capital pasaron de catro por sentido (tres diúrnos e un nocturno) a sete por sentido (seis diúrnos e un nocturno), duplicando as posibilidades de realizar viaxes diúrnas entre as dúas comunidades.

Un ano despois os resultados son moi positivos:

Renfe transportou preto de 960.000 viaxeiros entre Galicia e Madrid durante o ano 2016, o que representa un incremento do 16,5% respecto ao ano anterior.

Durante 2016, destacou especialmente o crecemento de viaxeiros rexistrado entre a cidade de Ourense e a cidade de Madrid, onde ascenderon a máis de 236.000, cun incremento do 67,2%. 

Hoxe o xornalista do diario La Región, Antonio Nespereira dedica unha boa reportaxe a desenvolver este aniversario, que titula "O tren resulta máis barato que o coche para viaxar a Madrid" e que recomendo ler.

Analizando os custos da viaxe entre Galicia e Madrid, chega á conclusión de que facelo no tren Alvia  custa entre 28,25 e 30,60 euros en turista e preferente, respectivamente. Mentres que se o mesmo traxecto fixésese en coche particular o prezo final sería de 52,5 ou 55,3 euros dependendo de se o vehículo é de gasoil ou gasolina.

A miña plena coincidencia con este estudo e a confianza de que coa próxima chegada en 2018 do tren Alvia a Lobeznos -Pedralba de la Pradería, e os trinta e  cinco minutos novos de recorte de tempo de viaxe levaran a miles de novos usuarios da estrada e o avión ao ferrocarril.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.