Favorecer a empregabilidade e inserción dos mozos no mercado de traballo

Debatemos esta tarde no Congreso dos Deputados o Real Decreto-lei 6/2016, do 23 de decembro, de medidas urxentes para o impulso do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Ten por obxecto favorecer a empregabilidade  e inserción dos xovenes no mercado de traballo que continua sendo unha das prioridades do Goberno de España, que require a concentración de esforzos significativos a través de políticas públicas específicas e a coordinación de todos os actores que interveñen no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. 

Neste debate a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, avanzou que grazas ás medidas contempladas no Real Decreto-Lei de Medidas Urxentes para o Impulso do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, o número de inscritos no Sistema incrementouse, en tan só un mes, en 13.897 mozos, o que equivale a un ritmo de 500 ao día.


Báñez sinalou que a Garantía Xuvenil hoxe conta con 421.209 inscritos, dos que 143.645 atoparon un emprego, pero aínda ten máis dun millón de potenciais beneficiarios que atender.

Este real decreto-lei estrutúrase en dúas capítulos, integrados por tres artículos unha disposición transitoria e tres disposicións finais. 

O primeiro capítulo introduce modificacións significativas á Lei 18/2014, do 15 de outubro, que favorecerán o acceso e a inscripción de mozos ao Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e que mellorasen a xestión e eficacia do sistema. As medidas deste capitulo contribuirán además  a facer un uso pleno e óptimo dos instrumentos de financiación da política de cohesión.

En primeiro lugar, simplifícanse os requisitos que se fixaban para poder ser beneficiario do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, respectando en todo caso os requirimentos derivados da normativa comunitaria. 

En segundo lugar, permítese que todas as entidades participantes no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil poidan establecer procedementos específicos, de conformidade co Ministerio de Emprego e Seguridade Social, para a inscripción dos mozos no ficheiro único do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. 

En terceiro lugar, posibilítase que todos os mozos inscritos como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, que cumpran cos requisitos da Garantía Xuvenil, sexan inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, mesmo con efectos retroactivos, no caso de que participasen ou estén participando nalgunha das actuacións previstas polo Sistema. 

Ademáis, prevese a participación dos interlocutores sociais no procedemento de inscripción dos mozos e na Comisión Delegada de Seguimento e Evaluación do Sistema Nacional de Garantías xuvenil, o que permitirá que os interlocutores sociais participen activamente en todos os niveis do sistema. Á Comisión Delegada tamén incorpóranse o Ministerio de Educación , Cultura e Deporte e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, no entendemento de que as solucións á garantía xuvenil deben vir do traballo conxunto dos ámbitos de emprego, educación, servizos sociais e mocidade. 

O segundo capítulo  establece a conversión de reducións á cotizacións á Seguridade Social en bonificacións, con cargo ao orzamento do Servizo Público  de Emprego Estatal, cando se trate de medidas en beneficio de mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Para iso, introduce modificacións na Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo, e na Lei 3/2012, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral. 

A urxencia das medidas incluídas neste Real Decreto xustifícase pola necesidade de que a mellora da xestión administrativa do sistema redunde nunha adecuada utilización orzamentaria dos fondos procedentes da Iniciativa de Emprego Xuvenil e do Fondo Social Europeo dentro dos prazos de execución establecidos pola normativa da Unión Europea. 

Pola súa banda, a conversión de reducións en bonificacións contribuiran, non só á continuidade destas medidas de fomento á contratación, senón tamén de maneira inmediata, á sustentabilidade do noso sistema de protección social. 

Trátase, en consecuencia, de poñer en marcha unha serie de medidas cuxa necesidade é extraordinaria, a teor dos datos de emprego neste grupo de poboación; e urxente, pola celeridade coa que se debe reforzar o Sistema Nacional de Garantía  Xuvenil para mellorar a efectividade na loita contra o desemprego xuvenil. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.