sábado, 28 de enero de 2017

Sobre o vindeiro Pleno do Congreso

O Pleno do Congreso reúnese o martes, día 31 de xaneiro ás 15:00 horas, en sesión extraordinaria, para decidir sobre a convalidación ou derrogación dos reais decretos leis de medidas urxentes para o impulso do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil; polo que se regula o mecanismo de financiamento do custo do bono social e outras medidas de protección ao consumidor vulnerable de enerxía eléctrica; e de medidas urxentes de protección de consumidores en materia de cláusulas solo

O mércores, 1 de febreiro, ás 9:00 horas, celebrarase a primeira sesión de control do período de sesións, coas preguntas e interpelacións urxentes ao Executivo. A continuación debateranse as tres mocións consecuencia de interpelacións urxentes do último Pleno do anterior período. 

Trátase das mocións de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea sobre pobreza infantil; de Cidadáns acerca da política do Goberno para impulsar, promover e protexer a cultura e industrias culturais; e do Grupo Socialista sobre a aplicación da Regra de Gasto ás entidades locais.

Iniciativa lexislativa popular: prestación de ingresos mínimos

O xoves, a partir da mesma hora, debaterase a toma en consideración da iniciativa lexislativa popular para establecer unha prestación de ingresos mínimos no ámbito de protección da Seguridade Social. Esta iniciativa foi presentada na Comisión de Emprego e Seguridade Social polos secretarios xerais de CCOO e UXT, en nome da comisión promotora. Unha vez rexistrada e solicitadas e validadas as firmas, son necesarias polo menos 500.000, as iniciativas impulsadas polos cidadáns sométense á mesma tramitación que calquera outra proposición de lei. 

A continuación decidirase se se inicia a tramitación da proposición de lei do Grupo Popular para reformar a Lei de Xurisdición Voluntaria. No caso de que superen o debate de toma en consideración, as proposicións de lei continúan a súa tramitación na comisión correspondente, na que se debaterán e votarán as emendas ao articulado.

PnL e subcomisions

Doutra banda, o xoves debátense as proposicións non de lei do Grupo Popular relativa a impulsar a competitividade da economía española a través da Formación Profesional e a calidade no traballo, e outra do Grupo Socialista sobre conciliación e corresponsabilidade.

A Cámara verá o ditame da Comisión de Asuntos Exteriores sobre o acordo de participación da República de Croacia no Espazo Económico Europeo, feito en Bruxelas o 11 de abril de 2014.

Por último, veranse as propostas de creación de subcomisiones para a elaboración dun Estatuto do Artista;  para o estudo do réxime profesional dos militares de tropa e mariñeiría das Forzas Armadas, para o estudo e definición dunha Estratexia Nacional de Xustiza e para o estudo da reforma do Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (RETA).

Por último, verase a proposta de crear, na Comisión de Auditoría da calidade democrática, a loita contra a corrupción e as reformas institucionais e legais, unha subcomisión  relativa ao réxime e o financiamento dos partidos políticos, a imparcialidade e independencia de autoridades independentes e a protección dos denunciantes dos casos de corrupción. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta